Maioría absoluta para o Partido Popular
Como non podía ser de outra forma, felicitar a Luís Oujo e ao seu equipo por esta sufrida vitoria, xa que o último edil electo foi para o seu partido.
Desfeita total no BNG que perde un edil. O PSOE tamén perde outro, pero pasa a ser a segunda forza.
A gran sorpresa da noite deuna Portodos, quedando como terceira forza, e por número de votos relega ó BNG, ao vagón de cola.
Resultados: Porto do Son
Como non podía ser de outra forma, felicitar a Luís Oujo e ao seu equipo por esta sufrida vitoria, xa que o último edil electo foi para o seu partido.
Desfeita total no BNG que perde un edil. O PSOE tamén perde outro, pero pasa a ser a segunda forza.
A gran sorpresa da noite deuna Portodos, quedando como terceira forza, e por número de votos relega ó BNG, ao vagón de cola.
Resultados: Porto do Son
8 comentarios:
Colgade cando poidades o resultado das eleccións por parroquias do concello!!!!!!!! Moitas Grazas, felicitar a Luis é ao seu equipo.
Queixándose toda lexislatura de que ó ser os plenos pola tarde non acudiamos os veciños e veciñas, falsidade desmentida con este vídeo Pleno 26-4-2012, e cando foi do saneamento. Cando si se debatía cousas que nos importaban e non as súas dispostas, ben que lles demostramos que aínda que fose pola mediodía alí estabamos, para que despois de fuxir todos, nos acusasen de taberneiros. Ánxela, mira ben se a túa táctica foi o que levou ó BNG, a tempos que xa esquecidos. Dous edís e de ser xefa da oposición á última fila. Reflexiona co teu Farruco.
Agora chamádelles ignorantes, como facedes en moitos foros ós que votan ó PP. A democracia é o que ten, cada un vota libremente e aquí, máis que ó PP, os veciños e veciñas, quixeron elixir un alcalde e non ser moeda de cambio de perdedores, legal si, pero moi ético non. Porque en Andalucía agora que a señora Díaz gañou ten presa por ser a presidenta, cando todo este tempo o estivo sendo sen ser candidata e sen que o seu partido daquela gañara as eleccións. Que a única comunidade na que leva gobernado toda a Democracia o PSOE, sexa a que máis paro acumula das 17 e moi significativo e no tema da corrupción, compiten co PP.
O que estará contento é Ton Lorenzo, o da radio, o que borra entrevistas "sin querer" ;)
Estiven nun tris de eliminar o seu comentario, pero optei por publicalo para que o lea a xente ou o propio Ton, e vexa a carraxe que parece que lle tendes algúns, porque para nós fala sen pelos na lingua e no seu programa deulle a oportunidade a todos e todas que quixeron intervir. En canto ao borrado de programas, ten a solución na man, gravalos e xa está. ¿Tu nunca tivestes un borrado accidental? De ser así, haberá que felicitalo.
O que non pasou o "filtro", el seguramente chamaralle "censura" foi este que comenzaba así: Aos novos concelleiros que entrades... Aquí o deixo.
Aínda non tomaron posición das súas acta, e xa comezades a faltarlles ao respecto?. Vaiche boa, parece que vamos a ter moderación para rato, e non falo do de 2 patas.
Carraxe ningunha, indignación quizais por censurar a pluralidade. Pero tes razón, un fallo o ten calquera, e mellor que sexa un locutor que un cirurxan.
Un saúdo
Escribín en plural porque o seu comentario contra Ton, non foi único.
Manuel García se pone al frente del BNG de Muros-Noia para afianzar el trabajo del partido
Vendo a foto un preguntase se é esta renovación que propugna o BNG. Aí temos a un camaleón que cambiou de chaqueta, sempre que tivo a oportunidade e de conseguir non seu día gobernar con maioría en Noia pasaron nestas eleccións a obter unha sola acta, quedando por debaixo do NOIA e da Marea Cidadá, con 2 que abandonaron o partido.
En Muros onde chegaron a gobernar agora faino outra militante que estivo nese goberno e que tamén preferiu cambiar de aires embarcándose no proxecto de cxg.
En Outes non solo quedaron sen representación, se non que cxg que se presentaba por primeira vez superou con 4 actas ao mesmo psoe.
E centrándonos no Son, onde o partido parece que está en mans de 2 familias, de ser a segunda forza, tamén foron superados pola renovación no psoe e portodos, que salvo a súa líder a maioría da lista era xente anónima, non solo non dimite ninguén, se non que Ánxela que falta na foto, colocouse ben e a familia león en pleno, aí seguen ao fronte, e logo estráñanse que non teñan o apoio do pobo porque «non somos capaces de comunicar o traballo que facemos».
Botase en falta o responsable local que segundo Ánxela foi o que a impediu dimitir, como se ela non fose quen de réxelo seu destino.
No recuerdo si lo escuché o leí esta frase en algún sitio. (Cuando los políticos están en la oposición se ponen de parte de los vecinos, pero cuando pillan el poder se olvidan de nosotros). Esto es un poco lo que viene a decir este paisano Manuel Fernández Blanco -¿Cantas promesas quedaron incumpridas coa liña?
-Uiii. Eu acórdome que lle entreguei ao alcalde a lista de todos os propietarios, pero de todos sen excepción, coa autorización para enterrala porque foi o que nos dixera el. Eu xa sabía que non se ía soterrar, pero non quería que me dixera ‘enterrábase, pero como vós non quixestes’. Entón fun casa por casa, mesmo xente que non estaba en Merza e entregueille as autorizacións todas. A cousa quedou así. Pero non foron só uns os incumpridores. Porque a partir deso despois gobernou o bipartito, o BNG e máis o PSOE, e aquí estiveran Bieito (Lobeira) e máis Ceferino (Díaz), unha loita tal: e cando mandaron eles, a liña seguiu aí. Entonces, mira, tampouco é que quedara moi contento con eles.
¿Alguien piensa lo contrario?
Publicar un comentario