O ISSGA convoca 9 cursos prácticos de formación en materia de actuación en caso de accidente e utilización axeitada do chaleco salvavidas e outros medios de salvamento e protección no sector pesqueiro que se desenvolverán en concellos das provincias de Pontevedra – Vilanova de Arousa, A Illa de Arousa, O Grove e Cambados – e A Coruña – Porto do Son, Muros, Outes, A Pobra do Caramiñal e Boiro-.
PORTO DO SON (Portosín)Os cursos son gratuítos, teñen unha duración de 4 horas e contan con 15 prazas.
- Prazo de inscrición: antes do 15/05/2015- Data: 22/05/2015 16:30-20:30
- Lugar: Confraría de pescadores Peirao s/n – 15999 Portosín
O obxectivo dos cursos é proporcionar unha formación específica ás persoas traballadoras e profesionais do sector en materia de prevención dos riscos laborais inherentes a estas actividades, coa finalidade de fomentar a adquisición de habilidades nesa materia así como a adquisición dunha cultura preventiva, e diminuír os accidentes laborais nestes sectores.
Ligazóns de interese
Descargas
PDF - Resolución
PDF - Solicitude de inscrición
PDF - CRONOGRAMA
0 comentarios:
Publicar un comentario