04 mayo 2015

IV Festa da Lectura na Casa da Cultura de Porto do Son

Os centros escolares de Porto do Son celebraron o pasado 22 de abril a IV Festa da Lectura co Galo Mirindolo con motivo da celebración do Día do Libro, os centros de Portosín, Nebra, Baroña, Caamaño, Carballosa, Seráns e Xuño, coordinados polo equipo de biblioteca do IES de Porto do Son, poñen o colofón ás actividades colaborativas desenvolvidas ao longo deste curso coa celebración da xa tradicional Festa da Lectura na Casa de Cultura de Porto do Son. Nela presentan unha Guía na que ofrecen unha selección de libros, discos e películas distribuídas por idades, na que participa tamén a Biblioteca Pública Municipal "Xerardo Díaz Fernández" e que foi custeada polo Concello. Esta será repartida ás familias dende os centros e a Concellaría de Cultura. A estrela da celebración foi o Galo Mirindolo, protagonista dun dos libros recomendados, a Xente Corrente. Galo Mirindolo, de Tino Fuentes, Fernando de Castro e Xoglares, editado por AgaSalle. Trátase dun libro disco co que o alumnado vén traballando que permite formar os pequenos lectores na educación vial de forma lúdica e eficaz. Katsuma Sampedro e Ángel González, alumnos do instituto forman parte tamén do espectáculo. As escolas contaron cunha aportación de Abanca.

0 comentarios: