21 mayo 2015

Por favor, un pouco de respecto

A postura sobre que comentarios podían ser considerados como irrespectuosos,  ímosllas detallar para que entenda os nosos criterios.

- Acúsanos de manipulador
Deixamos claro que os comentarios que buscaban difamar a persoas que nada teñen que ver coa política ían ser eliminados. Non queremos que isto se converta nun espazo onde dar renda solta a insultos, denigración ou vinganzas persoais a outras persoas.

- Acúsanos de covarde
Aceptar todo tipo de acusacións a persoas sen probas, comentarios de tirar a pedra e agochar a man, ou os cualificativos para dirixirse a alguén que poden motivar o enfado desa persoa; son agravantes que poden ocasionar a denuncia do blog ou que nolo pechen, e iso é unha cousa que non nos agradaría e supoñemos que á maioría dos que o seguides, tampouco.

- Acúsanos de partidista
O comentario que tanto destaca de xaneiro, non foi revisado. Escribiuse nunha época onde se dou liberdade total de publicación no blog, ningún comentario se revisaba, estaban abertos, e non houbo ningún problema ata o 24 de abril, data na que se fixo o comentario que motivou volver a moderar. En todo o tempo que os comentarios eran libres, só houbo unha solicitude enviada ao correo para eliminar un comentario, petición que foi atendida. Ao considerar vostede que o comentario ese é irrespectuoso, actuamos en consecuencia.

Se está de acordo, esta é a nosa postura e criterios, esperamos que o asunto remate. Somos humanos, nun momento onde se nos machaca por un tema podemos considerar insultos cousas que ao final non tiñan tanta importancia. Para nada queremos agochar comentarios ou eliminar probas. Se non se publicaron os seus outros comentarios foi por evitar unha escalada nos "dixen, dixestes" que non levan a ningures (de novo, acción que tampouco puido ser correcta, mais a súa insistencia fíxonos actuar dese xeito).

2 comentarios:

Anónimo dijo...

De acordo,deixémolo ahí.
Pero tendes que ter moi en conta a vosa obriga de revisar os comentarios,xa que sodes vos os xestores do blog.Agora e antes.

Anónimo dijo...

en calquera caso, a decisión sobre o que se publica ou non se publica neste blog é do autor ou dono do mesmo, e quen queira publicar libremente os seus pensamentos; ideas e opinións, que cree un blog se considera que neste non teñen collida os seus argumentos, faltaría máis que lle dixesen a un dono de un blog como ten que actuar, ou s epode ser partidista ou non, pois claro que pode ser partidista que para iso é o seu blog; isto non é un servicio público, é unha iniciativa persoal e privada, quen teña ganas e tempo que se anime a crear outro, e menos protestar sen xeito ningún por todo