27 agosto 2014

Unhas xornadas abordarán en Porto do Son a posta en valor do patrimonio

:logo-lvg: | Barbanza

Catro especialistas disertarán sobre o arte rupestre e o xacemento de Baroña

A comarca do Barbanza é una zona rica en elementos arqueolóxicos e culturais. O castro de Baroña ou o do monte da cidade ribeirense, ademais da Pedra das Cabras ou o dolmen de Axeitos, son só algúns exemplos de todos os lugares que se poden atopar na zona. O concello de Porto do Son, situado neste marco idóneo, dará cabida de novo a unhas xornadas sobre a posta en valor do patrimonio cultural. O encontro terá lugar este venres e o 5 de setembro na casa da cultura.

O programa da cita está composto por catro conferencias. O venres, ás 19.00 horas, celebrarase a primeira charla. O director do museo Valle-Inclán da Pobra, Antonio González Millán, será o encargado de impartila. O tema centrarase na historia do friso dun sarcófago paleocristián na igrexa de San Saduriño de Goiáns, en Portosín. Acto seguido chegará a quenda da ponencia de José Manuel Rey García, director do Parque Arqueolóxico de Arte Rupestre de Campo Lameiro, en Pontevedra. Este experto explicará a forma que teñen de traballar nesta escavación e resaltar a súa importancia.

A pegada do pasado

O día 5 volverán as conferencias no mesmo horario que as anteriores. O arqueólogo Luís Francisco López González abrirá esta xornada cunha charla denominada Unha nova visión do castro de Baroña, na que explicará as intervencións que se levan feitas dende o ano 2012.

Felipe-Senén López Gómez será o encargado de pechar o evento. O historiador comparará os modelos de xestión do patrimonio cultural galego e irlandés. Desta forma porase o punto e final a unha cita que tratará de difundir a importancia destes elementos para a comunidade.

0 comentarios: