18 agosto 2014

Portosín honra á Virxe do Carme xunto a Quintana

:logo-ecg: | Terras de Santiago

A localidade mariñeira de Portosín, en Porto do Son, celebrou onte a festividade da sua patrona, a Virxe do Carme, con asistencia da conselleira de Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana; do alcalde, Luis Oujo, e autoridades marítimas. E, como vén sendo habitual, o momento central chegou coa procesión vespertina pola ría -este ano portou a imaxe a embarcación Orión- e a ofrenda no mar. Así, onte foi día grande da Festa do Carme de Portosín, que incluíu pola mañá unha misa no peirao e, xa pola tarde, a citada procesión, todo nun día no que o tempo acompañou con sol e calor. Xa pola noite, quenda para a música, coa orquestra París de Noia e a Agrupación M. Candela. Por outra banda, o secretario xeral do Mar, Juan Maneiro, acudiu á festa da Pobra.

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Ver a Quintana en Portosín paréceme unha obscenidade, esa muller tiña que estar vetada nos portos galegos con flota de cerco

Anónimo dijo...

Eso e o q querías ti!!

Anónimo dijo...

Por suposto, unha conselleira que consigue que a maior flota do cerco de España teña a cuota pesqueira mais baixa de todo o estado en favor de outras comunidades é unha inválida, pero se ainda por encima non se molesta en renegociar as cuotas por non molestar ao ministro de turno do mesmo partido é unha indecente que está en política por intereses.
Recordaremos todos como nos tivemos que manifestar en Coruña e Madrid para que agora catro lle vaian lamber o cú cando ela non logrou resolver nada