18 agosto 2014

Abuso tras abuso no Concello de Porto do Son

O que está a acontecer no Concello de Porto do Son non ten xa nin nome. O 4 de agosto convocáronse unhas prazas para cubrir uns postos nas brigadas contra incendios (xa case aláirá o verán cando os operativos comecen a traballar). Un dos requisitos esixidos para poder presentarse ao concurso era: ter a ESO.

Ben, no mes de xullo pasado, o alumnado da ESO de adultas/os no noso concello tivo saír á rúa e recoller sinaturas para que un servizo que leva case 40 graduadas/dos desde que se iniciou, en 2012 non desaparecese.

Os grupos da oposición sumámonos ás reivindicacións da veciñanza, que abalou con máis de 600 sinaturas, recollidas en menos de 48 horas; a continuidade do servizo en 2014 e en anos sucesivos e nas mesmas condicións, polo ben que supón para a cidadanía poder contar con esta oportunidade de formación. O equipo de goberno non tivo máis remedio que aprobar a continuidade das clases, pola mobilización cidadá e polo apoio unánime da oposición, no pleno do 10 de xullo.

A nosa sorpresa foi descubrir que, como nos informa a docente Begoña Lesende, a pesar de ser aprobada a continuidade das clases, seguen sen cobrar desde xaneiro. Ademais, desde o concello están a derivar á xente que se quere apuntar para as clases, a Noia, negando a oportunidade de recibir formación no noso Concello. A nosa cuestión é: se negan este servizo, desde o noso punto de vista, básico para a cidadanía, cómo é posible que esixan ter a ESO para poder ser parte da brigada contra incendios ou calquera outro posto de traballo?

Outra cuestión, que nos transmite a docente é que parte do seu alumnado que xa acadou o graduado presentouse para dita convocatoria, pero foron excluídos por non contar co título da ESO ou a copia da súa solicitude. Como sabemos a ESO é unha formación obrigatoria do sistema educativo e, como tal, é gratuíta. Isto implica que non se poida solicitar o título por parte do alumnado, é competencia do IES onde superan estas ensinanzas solicitar dito título.

O que as docentes recollen ao graduarse é un certificado, válido en todo o territorio, no que se recollen as notas obtidas e a acreditación de que se propón para o título a dito alumno ou alumna. Ese é o documento que serve ata que chegue o título, que tarda uns dous anos.

Este parece ser un síntoma máis da ineptitude e prepotencia coa que actúan desde o equipo de goberno, ao esixir que o alumnado faga unha solicitude que non lles compete. Están a esixir unha imposibilidade a quen se esforzou moito para lograr ter uns estudos que agora non lles valoran. Se por fin son incluídas/os no proceso, moito nos tememos que non gañen o traballo, pois, visto o visto, nomearán un tribunal que sexa tan competente como quen elimina ás persoas do proceso selectivo.

O Grupo Municipal do Bloque Nacionalista Galego e o Grupo Municipal de Non Adscritos consideramos que a Administración está para servir ao pobo, non para impedir o acceso a oportunidades. E, en consecuencia, damos voz á indignación da nosa veciñanza, cansada de que os fagan de menos.

Porto do Son, 16 de agosto de 2014

Ánxela Franco Pouso: Portavoz do Grupo Municipal do BNG
Asunción Torres Parada: Portavoz do Grupo Municipal de Non Adscritos

12 comentarios:

Anónimo dijo...

Valgame Deus, xuntouse a fame cas ganas de comer. Isto é inaudito. Ánxela que pretendes??? anganar non nos vas enganar porque xa che coñecemos perfectamente pero xuntarte con Asunción é o máis rastrero que vin na miña vida. O dito..... INCRIBLE!!!!!!

Anónimo dijo...

Creo que todos estaremos de acordo con que se defendan os dereitos dos sonenses pero o de estas dúas é un matrimonio de conveniencia, hai que ir facendo ruido porque as eleccións municipais chegan en poucos meses.

Anónimo dijo...

Parece que teñen outra boa candidata á vista do que publica no seu "panfleto virtual.(1ª parte)

Begoña Lesende‎ Nordés Porto Do Son
11 de agosto

Visto o visto neste concello, penso que hemos ter que fundar unha asociación ou plataforma de damnificados pola mala praxe do equipo de goberno deste concello. A día de hoxe seguen a negar o pago da factura das clases da ESO, de xaneiro a maio. Seguen a negar as clases aos veciños e veciñas que van ao concello para apuntarse ás clases... Exercen o poder de forma dictatorial, escollendo quen cobra por traballar e quen non, pasan dos acordos (por eles mesmo votados para quedar ben) tomados no pleno do 10 de xullo de 2014: seguir coas clases da ESO, este e os anos seguintes, nas mesmas condicións e co mesmo equipo docente (como o solicitaron máis de 600 persoas coas súas sinaturas entregadas no concello, ao negarnos a continuación deste servizo que leva xa case de corenta graduados e graduadas en ESO). Para este tan familiar equipo de goberno o que prima é empedrar e empedrar un pobo que máis que pedra necesita oportunidades para deixar de estar condenado a pedir limosna. Este goberno vai en contra da dignidade, da liberdade e da igualdade.

A Anxela Franco Pouso e a 6 persoas gústalles isto. (Xoán Xosé León Martinez, Raúl León Romero, Margarita Romero Martínez, Xosé Manuel Alonso Carballo, non cito ao resto porque descoñezo se están vinculados co BNG).

Ánxela Franco Pouso canto mais sepamos peor pra eles son uns.......... ¿Por qué non seria quen de acabar a frase?

Xoán Xosé León Martinez A pedra neste concello é moi importante......... A isto chamaselle tirala pedra e agochala man e nunca mellor dito. A pedra danos de comer a moitos, como a ti a madeira que durante 2 anos deixastes, para vivir á nosa conta. Dous anos no que na parroquia da túa xefa montastes a primeira marquesiña, cuxo modelo se segue colocando agora e que non son de Sograni como ben sabedes no partido.

Begoña Lesende Si, parece ser que dá de comer a moitas familias humildes e necesitadas do concello... Pois si señora Begoña, moitos somos humildes e vivimos gracias a iso.

Begoña Lesende Espero que a asociación sen ánimo de lucro que factura as clases da ESO denuncie directamente ás persoas que impiden ese cobro para castigarme a min, a profe díscola da ESO. Ao alcalde e a todos os seus cómplices dunha venganza estúpida e que non fai máis que destapar cómo se fan as cousas no concello de Porto do Son: "por h...". "Por sus hu..." non se cobra a docencia das clases da ESO, pero si que cobra a pedra ben cobrada..."por sus hu...".

Defenda o seu e deixe de mesturar "churras con merinas".

Xoán Xosé León Martinez Para este goberno o que prima é o interés propio, o interés común déixano para outros.

Begoña Lesende O BEN COMÚN, con maiúsculas é aquilo que beneficia á comunidade, non a unha élite que usa o poder para beneficiarse e engrosar as súas contas correntes e as da súa familia e cómplices...

Begoña Lesende O BEN COMÚN é aquilo que ignoran mentras gobernan e aquilo do que se lembran para manipular con promesas enganosas durante as eleccións. Espero que o pobo fale alto e claro e lles mostre que xa non caen na trampa.

Xoán Xosé León Martinez a memoria eche moi fráxil, o tempo así o leva demostrado, por desgraza

Anónimo dijo...

2ªParte
Begoña Lesende Estou absolutamente segura de que a xente está farta de ser menos e de que non van caer máis. Non se pode mirar por riba do ombro ao pobo que sufre e despois pretender que o pobo che vote. Este equipo de goberno mostra claramente cales son os seus intereses. E a xente está moi cansada de sufrir e que so lle quede a opción de pedir limosna. Están cansados e cansadas de ter que mendigar os seus dereitos: pan, traballo e teito. Non vai colar máis o seu conto manipulador, a xente abriu os ollos pola forza, coa dor de ver a mocidade sen futuro, as familias sen recursos, os maiores mantendo aos novos, a educación e a sanidade precarizada... O que ven cos ollos e o que sinten co corazón fixo que espertasen e xa non lle dean máis crédito a estes contos neoliberais.

Que unha mestra cometa tantas faltas de ortografía, dá que pensar.

Non podía pasar por alto isto: CRONICA DUN VOTO ANUNCIADO, que lle gusta a Ánxela e CIA, mentres que unha veciña desminte unha falsidade nesa crónica e non acadou ningún: Gústame. ¿Será que as verdades moléstanlles a uns e a outros?

Anónimo dijo...

De non poderse ver nin en pintura a camiñar xuntas pola man. Esto solo pode acontecer cando se perde o cu por facer un pouco de ruído. Se nos damos unha volta polas hemerotecas, podemos ver o veleno pezoñento que foron soltando, para acabar neste matrimonio de conveniencia.

Anónimo dijo...

Vamos camiño de catro anos con este goberno de coalición, pero continúa habendo cosas moi importantes que non mudaron. Imos ver uns pequenos exemplos: o horario da Casa do Concello. Manuel Tomé tivo a brillante idea de querer abrilo, non lembro ben si me dixera de 8 ou 8,30 a 4 ou catro da tarde. Iso costoulle moi caro por parte do sultán e do persoal de extrema dereita que alí hai traballando, ata meteron no medio ao pp para que se revirase contra Tomé. Si o persoal cumprise o seu horario sete horas e media cada día, eso é factible e un gran servicio ao contribuínte, pois si un grupo traballa de 8 a 3 e media e outro de 8 e media a 4 xa está. Pero parece que interes cama este pasado luns que había un par de persoas nas oficinas e a cola parecía a do INEM.
Outro tema é o dun funcionario que fai uso a calquer hora do coche do concello para cuestións persoais e mentras, juan pueblo a pagala gasolina e todos os gastos do coche.
Outra cuestión nos menos importante é prestar gratuitamente locales municpales para clases particulares : para música, inglés, informática, teatro, comunidades de veciños de edificios e outras. Si ese profesorado cobra unha cantidade ao alumnado o lóxico, como mínimo sería que axudase a pagar os gastos derivados da luz (asombraríase a xente se soubese o gasto que ocasiona), da calefacción e do persoal do concello, que logo ou paganlle as horas ou danlle días libres, co cal hai que poñer outra persoa no seu sitio cobrando.
Neste tempo de crise non é ético nin moral que un concelleiro ou concelleira poda cobrar 1400€ ao mes por media xornada de traballo, tampouco que un político por xornada completa leve 2500€ ao mes, supoño que seguridade social aparte ¿verdade?. Porto do Son non é nin Ribeira nin Boiro, Porto do Son ten pouco máis de 9000 habitantes, sí, xa perdeu moita pooboación... mentras que esas cidades superan os 20000 con creces.

Eu agardaba que en catro anos de goberno de coalición, polo menos nestas cousas tan básicas tivesen feito algo bo para o pobo, pwero o bó soio é para os interesen do caln que fai as festorras de fin de semana no calexón do portugués... deiso, de festorras, saben moito, pero non todo son papadelas, tamén hai que gobernar que para eso cobran e para eso foron elexidos/as.

Anónimo dijo...

E que mudou despois de Manolo? NADA!! O sultán seguiu facendo das súas, coa complicidade de Pastor e Ánxela. No único que mudamos foi que en vez de cobrar uns pasaron a cobrar outros, correndo prestos a deixalos seus postos de traballo, para traballar máis FINAMENTE.

Algúns seguiron facendo uso do coche do Concello e outros dedicándose a facer chapuzas, e claro, cobrando daquela maneira. Algún de Nebra tamén usa o da Xunta para ir da súa casa á outra bicoca que comprou.

Volvendo ao do sultán, recordo que cando o PSOE, pero sobre os catro do BNG, xuntos desbancaron a Groveiro, porque separado non foron capaces, dixéronos que ían poñelo á raia e descubrirlle os seus chanchullos e o máximo que fixeron foi tirarlle a oficina. Ó final xa sabemos como remataron, de novo na oposición. Ás veces o pobo tamén e sabio.

Anónimo dijo...

Desgraciadamente para o pobo, o concello de Porto do Son é un foco de corrupción. Tanto da que gobernen PP-AVS ou PSOE-BNG. ¿Será certo que non puxeron ao sultán no seu sitio porque axuda a pagar as campañas electorais deses partidos? ¿será verdade que unta aos catro cando chegan as eleccións municipais?. Pode ser, porque do contrario non se explica este silencio do PSOE e BNG polo feito de que o sultán veña traballar unha vez por semana ¡eso sí que é un choio! mentras a xuventude, e non tan xuventude, ao paro... ¿Dónde están a honestiudade e a honradez señora Ánxela e sr. Pastor?. Logo virán pedirnos o voto ¿para qué? ¿para mangonear vostedes?. Demostren honestidade e honradez denunciando no xulgado, na prensa, ou donde sexa o que acontece en Porto do Son. ¿haberá algo máis acochado?. Nas terrazas estanse escoitando moitos rumores polo seu silencio ¿serán certos?

Anónimo dijo...

O SULTÁN amo y señor de estas tierras desde que existe la democracia, sigue marcando los tiempos y el grado de progreso que este ayuntamiento tiene.A lo largo de dicha historia ha tenido y tiene "cogidos" a todos los Alcaldes.Al único que no consiguió tener pillado fue a Manolo y por ello hubo que utilizar la mezquina Moción de Censura para sacarlo del cargo y siempre con la complicidad,bien remunerada de los portavoces autores de la moción.Hablar de honradez y honestidad de los politicos sonense,todavía no existe esa palabra en su diccionario.

Anónimo dijo...

Para empezar, ¿Quen é o sultán?

Anónimo dijo...

Solo mirando o tribunal de selección da cuadrilla contraincendios co SULTAN de director de orquesta,xa se entenderá algúns presuntos favores e compromisos con a concelleira díscola.

Anónimo dijo...

Dado que seguen a voltas con este tema, solo quería dicir que o que traballa ten dereito a cobrar, o que non me parece normal e que critiquen as obras que se fan no pobo, como lles teño escoitado porque son un beneficio para todos. Outra cousa seria que dixesen que eses cartos saísen de fondos procedentes para poder cobraren. Aí si que terían razón na súa crítica.