:logo-ecg: | Terras de Santiago
Os edís do BNG e non adscritos de Porto do Son fan pública a súa indignación ante os problemas que conleva cursar a ESO no municipio. “No pasado mes de xullo o alumnado de adultos tivo que saír a rúa e recoller sinaturas para que este servizo non desaparecese”, explican. Pero a sorpresa vén dada por varias cuestións. Por unha banda “foi descubrir, como nos informa a docente Begoña Lesende, que seguen sen cobrar dende xaneiro” e pola outra que “o Concello está a derivar á Noia á xente que se quere apuntar”, denuncian. Pero isto non é todo porque “se negan este servizo, cómo é posible que esixan ter a ESO para ser parte da brigada contra incendios?”, pregúntanse. Segundo explican, parte do alumnado co graduado presentouse pero “foron excluídos por non ter o título cando eles non o poden pedir xa que é competencia do IES. Só teñen un certificado”.
1 comentarios:
E relación a cesión do BNG do seu local para dar as clases, calquera sabia que era imposible, pero o caso era quedar ben.
Begoña Lesende Ola, no local do BNG non chega. Pedimos o da Comunidade de Montes de Baroña. Supoño que non teñen problema. para comezar sería os venres, de 17:30 a 20:00, en Baroña. Se cambia o lugar aviso.
Se agora a maioría está na oposición, ¿como non son quen de darlle a volta á tortilla con unha moción onde se aprobe a cesión do local onde xa se daban as clases?. ¿Ou esa maioría solo lles sirve pra facer ruído?.
Publicar un comentario