23 julio 2011

Promocionando o galego entre a xuventude


:logo-ecg: | Comarcas

A Xunta promociona o galego nos campamentos

O secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, e o director xeral de Xuventude, Ovidio Rodeiro, presentaron onte o programa de dinamización lingüística O Galego campa no campamento xuvenil de Espiñeira, en Boiro. A iniciativa, que está promovida por ambos departa- mentos autonómicos, pretende impulsar o galego nas actividades dos campamentos. Para isto, se facilitan recursos aos monitores cos que poder levar a cabo o seu traballo na nosa língua. O programa, que ten como principais destinatarios os nenos e nenas de 9 a 12 anos aínda que é axeitado para as idades comprendidas entre os 6 e os 14 anos, artéllase arredor do disco Desaparafusador de gominola, segundo informaron durante a presentación. Ovidio Rodeiro visitou despois do acto de Boiro ó campamento xuvenil Virxe de Loreto de Porto do Son.


:logo-lvg: | Barbanza

A dinamización do galego chega aos campamentos de verán

O programa de dinamización lingüística O galego campa chegou onte ao campamento de Espiñeira, no municipio boirense. O director xeral de Xuventude, Ovidio Rodeiro, e o responsable do departamento de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, presentaron a iniciativa a máis dun cento de nenos.

Co fin de favorecer a expresividade no idioma galego a través da música, as actividades xiraron arredor do disco Desaparafusador de gominola, que inclúe divertidas propostas musicais de diferentes estilos pensadas para os máis mozos.

Para a realización do traballo, a Xunta de Galicia contou con voces como a de Guadi Galego, Najila Shami e Ramón Bermejo. Da autoría de Celso Fernández, Pedro Pascual y Pablo Pascual son os escritos e a música. Os tres artistas estiveron presentes no acto.

Posteriormente, Olivio Rodeiro trasladouse ao campamento Virxe de Loreto, no concello de Porto do Son. Ao longo deste verán pasarán polas instalacións máis de 500 nenos.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

¿E logo onde está o Concelleiro de Xuventude???Polo que se amosa na foto soamente vemos a unha única representante do Concello.Pois vou ter que darlle a razón o/a anónima das 18:41,porque ¿a qué razón atende que esté presente a Concelleira de Cultura e presuntamente non esté nin o Concelleiro de Deportes ou Xuventude???¿E o Rexedor???missing....!!!así nos vai!!!!

Fonforrón dijo...

Si no dice en que entrada esta dicho comentario, muy pocos sabrán a que se refiere: Arte a rebosar en las paredes de Boiro y Porto do Son