04 noviembre 2014

Reunións Informátivas valoración colectiva do Catastro

4 comentarios:

Anónimo dijo...

Carta aberta á oposición.

Señores e señoras, como neste momento teñen vostedes na súas mans a maioría representativa dos sonense quería preguntarlles.

¿Podedes parar este catastrazo como se fixo noutros concellos, con manifestacións e todo, ou o seu papel coma o do equipo de goberno, foi simplemente darnos unha charla para facernos perdelo tempo?

¿Sabedes que hai casos sangrantes, e non me estou referindo a casas con licenza de pendello, polo que igual é compresible o silencio dalgúns?

Caso dunha familia, casa con case 50 anos, sen ningunha reforma desde o último catastro, só a pintaron, sen cambiarlle tan sequera a cor, último valor catastral da vivenda 34 mil e pico, chan 500 e pico.

Agora a sorpresa vivenda pasa a valer para sangralos, 54 mil e pico e o chan 13 mil e pico. E non falamos de ptas, se non de euros.

Este ano pagou 175,55 e o vindeiro ano sáelle a pagar máis de 200 euros. Así á conta de Juan Pueblo, tamén fago obras eu.

Agardamos unha resposta. Se podedes demostrádenolo o próximo venres, e se non podedes, aproveitade o pleno para explicarvos.

Eu de momento solo digo: ¡QUE FALTA NOS FAI UN PODEMOS EN PORTO DO SON!

Anónimo dijo...

Ao fío do último parágrafo que escribín, oxalá teñamos esta sorte e presenten aquí unha candidatura: http://www.farodevigo.es/galicia/2014/11/12/age-dialogan-union-candidaturas-ciudadanas/1130117.html.
De momento, AGE ten xente válida por aquí, que noutro partido tíñanos apartados e PODEMOS, tamén debe ter ou polo menos teñen páxina e Facebook. Agora o que teñen que escoller e xente válida e non facer coma outros que do único que presumen e de sacarse unha foto cos seus líderes, para presumir con ela diante das súas amizades como fai o fillo dun edil. Para iso xa temos ó pequeno Nicolás.

Anónimo dijo...

Vaia repaso lle dou onte Ana Pastor en el Objetivo a: Pablo Iglesias: "En la Transición hubo cosas buenas pero son ya demasiado viejas"

Anónimo dijo...

Ás veces dedicome a perdelo tempo escoitando algúns debates políticos e hai algo que non entendo é porque a esquerda e os nacionalistas, teñen como única teima, que a maioría de eles, cando se aprobou a constitución non eran maiores de idade para poder votala. Aquí ao contrario que por exemplo en USA, aínda viven moitos que si a votaron. ¿Teñen menos lexitimidade os que a votaron, que os americanos, que xa non vive ninguén dos que a votaron fai máis de 2 séculos?