14 mayo 2014

A romaría do Barbanza alentará as verbas na lingua galega

| Terras de Santiago

Ofrenda floral a Valladares en A Estrada // Mostras de Díaz Castro en Ordes e Oroso

As fermosas verbas da Lingua Galega percorrerán os cantos de Terras con maior énfase no transcurso desta semana e con motivo da celebración do día Letras Galegas, o sábado día 17, adicado nesta ocasión o poeta Xosé Díaz Castro. Unha xornada que tamén será moi especial para Boiro, quen celebrará a IV Romaría das Letras no Barbanza entre a rúa peonil e o Pazo de Goiáns.
O sábado, arredor das 11.00 horas comezarán os actos na biblioteca e librarías na rúa (en caso de choiva no concello), teatro e recital poético. Ao mesmo tempo no Pazo actuarán grupos tradicionais como a Escola de música municipal de gaitas de Boiro. Haberá xogos tradicionais, mostra de encaixe e lectura de textos da obra de Díaz Castro. As pandeiretas soarán durante a xornada, que rematará ás 22.00 horas tras a actuación da banda de música tradicional Suevia. Así mesmo, estarán abertos os stands dos colectivos colaboradores e a exposición fotográfica sobre Díaz Castro.

Related Posts:

  • Día das Letras GalegasA Asociación Musical Francisco Olveira Santos, coa colaboración do Grupo de Baile e Música Tradicional Queixucas, creado nos anos 90 pola ANPA AS FURNAS do C.E.I.P de Xuño, imos celebrar un concerto conxunto o vindeiro venres… Read More
  • Identidad:lvg: | 12/5/2011 No es necesario ser nacionalista para sentir que la lengua es un signo de identidad que distingue a los nacidos en esta esquina del mundo. Sin embargo, el gallego se escucha cada vez menos en las calles y as… Read More
  • Letras Galegas 2013 Archivo Concurso adultos.pdf Concurso Letras Galegas escolares.pdf … Read More
  • Encontro de Corais en Porto do Son O Sábado 26 de Maio na Casa da Cultura de Porto do Son ás 20:00 horas haberá un encontro de Corais. Antes das intervencións dos grupos haberá unha breve introdución sobre Valentín Paz Andrade Corais 2012.pdf… Read More
  • Letras Galegas 2012 Read More

0 comentarios: