:logo-lvg: | Barbanza
O topónimo castelanizado do municipio sonense aínda se utiliza en algunhas comunicacións que chegan ao Concello
Hai máis de trinta anos que entrou en vigor a lei que establece que os topónimos «terán como única forma oficial a galega» e, sen embargo, hai lugares nos que parece que aínda custa asimilar isto e un pode atoparse tranquilamente con sinais de tráfico que indiquen o camiño para chegar a Puerto del Son. Nin máis nin menos. A construción, ademais non ter nin pés nin cabeza, doe á vista e ao oído, pero aínda así hai quen a segue a utilizar. Sen ir máis lonxe, ao Concello teñen chegado escritos coa forma incorrecta do topónimo.
Se un dá unha volta por Internet, verá que iso de Puerto del Son está bastante estendido, e é fácil encontrar este nome para o municipio sonense tanto na Wikipedia como en páxinas web sobre viaxes ou portais de previsións meteorolóxicas moi consultadas, por exemplo, por surfeiros, un colectivo que ten nas praias sonenses un dos seus destinos favoritos.
Tamén na Administración
Aínda que isto sexa así, o que máis chama a atención do asunto non é que pase iso na Rede de redes, onde tamén é sinxelo darse de fociños cun Noya para falar da vila de Avilés de Taramancos; o que de verdade fai que a un se lle poñan os ollos coma pratos é que sexa a propia Administración a que se dirixa ao Concello como Ayuntamiento de Puerto del Son en algunhas das súas notificacións oficiais. Esta situación púxoa de relevo o BNG no último pleno, no que aproveitou para pedir «por favor» que o goberno local lle pida á Xunta un pouco máis de coidado con cuestións deste tipo.
Por fortuna para o idioma galego, no que respecta á comarca parece que o de Porto do Son é un caso illado, e a outros concellos con nomes que no seu momento estiveron castelanizados as notificacións oficiais chegan co topónimo correcto.
Pasa en Rianxo, onde Rianjo está completamente desterrado, e tamén en Noia, aínda que no caso deste último aínda hai particulares que manteñen o costume de utilizar Noya nas súas comunicacións coa Administración local.

1 comentarios:
Fai falla que nos poñan nos fociños un informe do mal que está a situación do galego para que empecemos a espertar, e buscar do que queixarnos. Ao conto da noticia, cantos anos leva este cartel indicador aí posto? Quen gobernou en Noia todos eses anos que leva o cartel posto? Xa non é o erro do "Puerto do Son" só, é que tamén está o "Riveira".
E dinos a noticia que agora o noso Bloque do Son acórdase nun pleno de pedir "por favor" á Xunta que poña coidado nestas cousas... vostedes xa gobernaron varios anos e o cartel seguía aí, tiveron o goberno amigo na Xunta e o cartel seguía aí, tiveron aos amigos en Noia e o cartel seguía aí... que lle piden entón, unha cousas que nin vostedes, cando puideron, fixeron? De verdade, os tres representantes aos que tan ben se lles quere nesta páxina (non será por méritos), ben facían en marchar da política e deixar entrar sabia nova, porque están afundindo ao BNG na miseria.
Na noticia tamén se fala de que o topónimo "Porto do Son" non pasou o sufrimento doutros concellos que viron o seu nome castelanizado polas administracións foráneas. Pois témolo nesta páxina ben explicado: esta vila era "Doçon", ao que logo se lle engadiu o de porto (supoño que pola importancia do porto fenicio) para ser "Porto Doçon", pero cando o castelanizaron erroneamente separando o "do+çon" como se fose un "de+o+çon" así nos quedou o mal chamado "Puerto del Son" e a súa mala transformación en galego (que é o topónimo oficial dende 1983, tanto en galego como castelán) "Porto do Son". E non, nunca foi "Puerto del Sonido", ese é un invento dos nacionalistas para dar pena e do que queixarse.
Publicar un comentario