Bo día.
Quixera poñelo en coñecemento do acto que se levará a cabo en Nebra (Porto do Son) o vindeiro domingo 12 de outubro, en lembranza dos asasinados na aldea de Cans no ano 1916 por negarse a pagar un imposto inxusto, motivado por unha débeda que o concello quixo cobrar aos veciños. Estes feitos fóronse silenciando no tempo ata quedar no esquecemento (artigo na galipedia).
Dende o ano 2000 vimos celebrando este día de recordo, para que os nosos veciños non esquezan este anaco da nosa historia. A homenaxe consistirá en dous actos.
- ás 11:30h, misa na honra de vítimas e familiares na igrexa de Santa María de Nebra.
- ás 13:00h, ofrenda floral ao pé do monólito na ponte de Cans.
Se desexa máis información, temos unha páxina sobre os feitos: www.denebrason.eu
Con esta mensaxe, achégolles tamén o cartel da actividade e unha carta de convite.
Agardando que poida asistir ou informar do mesmo, reciba un cordial saúdo.
Toño Calo
(Familia do Martelo)
Date: 2014-10-09

0 comentarios:
Publicar un comentario