Esta exposición conta con máis de cincuenta libros tratados plásticamente para que nos evoquen as historias de cada un deles. Cada libro acompáñase dun texto que narra o que lle aconteceu. A mostra recibe o nome “Biblioteca de Libros Fantásticos” porque utilizamos a fantasía para crear as pezas que a compoñen. Intenta abrir unha porta ó fértil terreo da imaxinación. Animar aos visitantes a que inventen as súas aventuras arredor destes libros e fantasíen co que pode agardar tras os lombos dun libro do estante da súa biblioteca. Tanto ao crear e contar historias, como ao plasmalas a través das artes plásticas, poden ser as historias as que provoquen a metamorfose do libro ou o libro animado o que evoque unha historia, unha anécdota, unha aventura… Os libros fantásticos son o resultado dun extenso traballo no mundo da narración oral e da animación á lectura, concibidos coa intención de achegar o obxecto-libro baixo unha mirada aberta que esperte a imaxinación.
29 octubre 2014
Exposición "Biblioteca de Libros Fantásticos"
Related Posts:
Exposición de Marco Antonio … Read More
Exposición de Marco Valiño Pode visitarse no Centro de Interpretación do Castro de Baroña ata o día 28 de maio … Read More
Entrega de diplomas con mensaxe social :logo-lvg: | Barbanza 1Como vén sendo habitual ao final de boa parte dos cursos que levan a cabo na comarca, unha entrega de diplomas puxo fin ao taller de habilidades sociais que se impartiu en Boiro. Pero estas acreditació… Read More
Exposición I concurso fotográfico Igualdade de Xénero … Read More
Exposición "Vai de mar e o álbum ilustrado" Inauguración da Exposición “Vai de mar e o álbum ilustrado”, que se poderá visitar na Casa da Cultura de Porto do Son dende o día 2 ata o día 21 de abril. Esta actividade se desenvolve no marco de promoción da lectura en… Read More
0 comentarios:
Publicar un comentario