A Concellería de Servicios Sociais de Porto do Son, na súa permanente loita contra a violencia machista e. a través da Secretaría Xeral de Igualdade, mostrará na Casa de Cultura de Porto do Son a exposición Cartas de Amor,
desde o 24 de xaneiro ao 2 de febreiro.
Cartas de Amor, é unha mostra do cómic galego sobre violencia de xénero, con debuxos de artistas de fama como Miguel Calatayud ( premio nacional de ilustración), Patricia Castelao, Fausto Isorna, José Luis Méndez, entre outros. A exposición quere sensibilizar á poboación máis nova sobre a existencia de violencia nas súas maneiras de relacionarse, axudar a detectala e, polo tanto eliminala.
Con esta exposición preténdese crear un paralelismo entre o mundo romántico das primeiras relacións de parella e a crueldade que, a veces, ven asociada a elas, xa que, nos últimos anos, detéctanse moitos casos de relacións de parellas entre adolescentes cunha forte carga de violencia verbal e incluso física.
Javier Quiñoy Taboada
Concelleiro de Servicios Sociais

0 comentarios:
Publicar un comentario