25 mayo 2015

Resultados de tódolos distritos electorais de O Son

http://pacodomartelo.blogspot.com.es
Ao contrario que outros que comparten cousas nosas, como foi os gráficos das eleccións sen indicar a súa procedencia, nós neste caso optamos polo contrario, para atender a petición que nos fixeron e que ningún partido foi quen de achegarnos.

21 comentarios:

Anónimo dijo...

Acaban de pasarme por WhatsApp este lamento do candidato que levaba o PSOE pola nosa parroquia: (Ai dios!!! Acabou a campaña e deixaa ir, porque traballar e traballar para intentar chegar aos veciños é moi difícil, e por encima os resultados non se viron.
Está claro que algo fixemos mal ou algo fai o PP, partido gañador, que lle chega mais aos veciños, pero non pasa nada, porque pola miña parte se dentro de 4 anos mantemos as ideas e este equipon, estaremos ahí para volver a intentalo.
PD: perdón a aqueles que lles rallei para que votasen, e gracias a aqueles que o fixeron).

Chamarlle traballar e traballar a 2 semanas de campaña foi algo esaxerado, e no salón de plenos o maior traballo que tiñan os seus era levantala man para votar NON a todo, coma por exemplo negarlle o saneamento á súa aldea, ós seus veciños e ós de Puílla, e se por riba un de eses que a levantou foi de Resúa, debería de preguntarse cantos dos seus veciños non lles votaron por ese motivo.
Non sei os anos que gobernou o PSOE, pero sei que inzou tódalas parroquias de casas de cultura, a de Noal con dúas e a nós, xunto co BNG deixáronos sen ela.
Tivo que chegar o primeiro goberno do PP, capitaneado por Carou, o que permitiu que mentres nos días do inverno á hora do recreo non puidésemos saír a xogar, os rapaces que nos seguiron, desde esa poidan facelo no minipatio que lles fixo e mesmo facer ximnasia. E en Baroña fíxolle outro tanto.
Foi un pequeno detalle, entre outros que fixo que o seu amado partido xunto co BNG lle cortaran as ás ó pouco tempo, non fose a ser que voase moi alto, porque segundo as acusacións da súa líder, así llo pediron uns empresarios. Tiña entendido que as mocións fanas os partidos cando ven que o goberno non fai nada, neste caso debían estar ben cegos, ¿ou seria para recibir algunha compensación? Bueno, algunha si recibiron porque deixaron os seus traballos e pasaron a cobrar polo concello.
Coa verdade chegase a todo o mundo coa mentira a ningures. Polo que me contaron no mitin dixo unha única verdade, para acceder as duchas da Aguieira, hai que levar un GPS, pero tamén é verdade que nalgún verán co PSOE, algunhas pasarelas daban pavor pisalas. Eran tempos nos que moi poucos podíamos inmortalizar como parece que fixo el, pero que si que denunciou no seu día o autor do gráfico das elección. No seu caso coméntanme na casa que traballou moito pola parroquia co tema das festas e tamén disque se presentou a unhas elección, pero ó ensinarlle o mensaxe, disque nunca lle escoitaron unha queixa, todo o contrario, aínda houbo quen o criticou.
Onde non estivo moi fino e faltou á verdade foi o asegurar que Luis solo veu unha vez á parroquia, quen non veu ningunha vez, salvo nas elección foi a xente do seu partido. El mesmo dixo subconsciente deu a resposta:(Está claro que algo fixemos mal ou algo fai o PP,partido gañador, que lle chega mais aos veciños). Que mire se nos chegou que nos votaron máis que ós e partidos da contenda.
O que si debería buscala explicación é porque os candidatos do Bloque, sabendo o que hai na parroquia arrastrou tantos votos coma el, porque por traballar e traballar non foi.

Anónimo dijo...

Solo unha cousa, esta xente deixou de lado o pasado para ben e para mal, e entendo que algúns estarán acostumados a traballar solo as 2 semanas de campaña pero este non foi o caso amigo.

Deixen de sacarlle puntilla a todo e disfruten da victoria, pero sobre todo deixen de perder o tempo ... e traballen, si saben, sinon pidan axuda.

Un saúdo

Anónimo dijo...

Hay algo que se escapa ó meu tal vez corto entendemento, ou tal vez sexa que este concello e moi diferente, quizais pola salitre do mar,
pero non logro comprender como dous partidos que perden mais da quinta dos seus votantes, as súas candidatas a misma noite electoral
non saen na prensa para comunicar a súa dimisión. Dimisión: acto descoñecido cando un o ten que aplicar a si mismo, e tan usado e coñecido cando e para solicitar a de outros.

Anónimo dijo...

Non si aquí como lle reprochou un nacionalista a Rajoy, quen ten que dimitir e el, cando as eleccións xerais son en novembro.
Dimitir: Renunciar, dejar el cargo...
Dimitri: Nome propio masculino...
Eu o que aínda non vin por ningún foro é porque Josefa non lle pediu unha rectificación ó candidato por Nebra por dicir isto dos seus veciños: A maioría da xente de Nebra non ten dous dedos de fronte.
Ou a Ánxela porque a súa candidata por ratificar ese comentario e por insultar ó alcalde, porque no dixo como Farruco.
En canto ás gabanzas que o socialista fai dos nacionalistas, sobre o monte de Nebra, que o digamos os de afora que non estamos moi ó tanto, solo polo que se podemos ler nunha web, está claro porque non lle creron a Ánxela a súa palabra de sacarlle máis rendibilidade os montes, non solo o de Nebra, se non, o de todo o concello.

Anónimo dijo...

Pediríalle o candidato número 6 polo partido socialista, aínda que fose como independente que rectificase o cualificativo que nos adxudicou a tódolos que lles quixemos dar unha nova oportunidade a Luis Oujo e ó equipo que levou na súa candidatura.
Antes que el houbo moita xente de Nebra que foi nunhas listas e aínda que por aquel entón non todos tiñamos acceso a estes avances tecnolóxicos, era máis o boca a boca, ninguén recorda tal afronta.
Aí temos o exemplo dos candidatos de Portodos, que aceptaron a derrota con máis honra e que por pouco dan a campanada, de poder quedar segundos, se ter máis apoio que o seu traballo, porque eles si que traballaron indo porta con porta, aínda sabendo que en moitas casas por razóns obviar non os ían votar.
Tendo a sorte de poder desfrutar de súa avoa, que sexa por moitos anos, non entendo como comparte ideas de xente que despoticamente se dirixan ós nosos maiores como VELLOS. Se temos saúde e sorte a esa idade poderíamos chegar todos, el incluído.
Isto tamén vai pola suplente número 3 do bloque. ¿Chamaralle vella a súa avoa, na SÚA casa?
En canto a outras cuestións, ¿con quen falou para levar no programa por Nebra o tema das festas?.
E sobre o monte corramos un tupido velo.

Anónimo dijo...

“Chegar aos veciños e moi dificil”, dí o candidato número seis do Psoe por Nebra. Vaia, vaia. Naturalmente que e moi díficil. Tal vez axudou moi pouco a arrogancia e a vanidad da súa alcaldable: "sabedes qué: o que o Son necesita non e un alcalde,e unha alcaldesa, e chamase Josefa Hermo" que decía nos mitines, donde falaba de humildade e preparación. Que paradóxica e prepotente presunción, falar de humildade e preparación, e ao mismo tempo decirlle á xente o que según ela precisa. En democracia, señora Hermo hai que ser respetuosos cos pueblos, porque estes votan a quen queren e o que queren, que cantidad de veces non e o que precisan, pero dende logo os que lle van pedir o voto non poden ir en plan somo-lo mellor que vos pode pasar, busquedes donde busquedes non os hai mellores que nos. ¿Qué se sinte ahora, señora non alcaldesa?, despois de acadar uns resultados tan insignificantes, cando en casi todo-los concellos de España baixou o PP, e aquí acada unha aplastante e indiscutible maioría absoluta.

Fonforrón dijo...

Anónimo a la(s) 16:05

Non nos pregunte por que, pero o seu comentario sobre o "taberneiro", entrounos como SPAM, e aí queda porque o 24 falou o pobo, se falou ben ou mal, saberémolo co tempo.

A sabia tecnoloxía é o que ten, xa sabe a onde teñen que ir certos comentarios improcedentes.

Agora coma outros chámenos censores e outras lindezas que xa estamos máis que afeitos, porque temos que ler cada cousa que vaia polos deuses.

Tamén é a derradeira vez que vamos dar resposta, sobre porque non aceptamos comentarios de tan mal gusto.

Fonforrón dijo...

Anónimo 29/05/15. ¿De novo erre que erre? Agora xa nos atribúe unha cor ¿Cal vai a ser a súa nova acusación que diriximos isto desde unha taberna ou unha radio? No tocante ás bandeiras foi outra arma contra usada contra o actual equipo e os resultados saltan á vista. Outra cousa e que fose a posteriori, entón igual tería algo de razón, salvo nos insultos, contra dito edil e nas acusacións contra nós.

Anónimo dijo...

O menor número de votos do PSOE neste concello dende 1983, (a pesar de toda a que lle estaba caendo a Quintáns co tema da desfeita urbanistica, día sí, día tamén nos medios, e mais cos votos que se foron acompañando a Quiñoy, polas desavenencias entre eles), foi nas eleccións locais do 2007. Aínda con todo ese mar e eses ventos batendonos con intensa forza na proa, non conseguiron impedir que 1596 persoas seguiran confíando en nos, hasta o inolvidable descenso nas do 2011 con Pastor de alcalde en funcións, no que deixan de confiar en nos outros 396 veciños, e agora que xa o listón estaba tan, tan baixo, que se debía saltar hasta sin coller carreira e con muletas, pasamos a menos de 1000, e decimos que tranquilos, lambemonos as feridas e consolámonos dicindo que o resultado non e tan malo. ¡Ostias... Síí e tan malo!. E malisimo. E un inmenso fracaso, e unha catástrofe sin paliativos, para o Psoe en general, e para esta candidatura en particular. Si unha persoa se presenta como alcaldable, e acada os peores resultados dos últimos 32 anos, creo que non pode silvar e facer como si non houbera ocurrido nada. Donde está a dignidade da señora Josefa Hermo, que contaba arrasar en todo o concello, y resulta sangrante que na súa propia parroquia, solo a votaron 3 veciños de cada 10 que foron a votar. Como pode unha enfrontarse a isto cada día, con animos para representar a eses veciños nos plenos. Siga o exemplo de coherencia, dignidade e asunción de responsabilidades de Anxela Franco, dimita e reflexione, tratando de ver porque os veciños non lle deron o seu apoyo, e así seguirá contando co respeto e o agradecemento, pola súa valentía por haberse presentado.

SEGADE MANUEL. dijo...

A Sra Josefa Hermo,foi victima tamen dun atraco como foron tamen as outras duas candidatas,victimas do chantaje e do abuso CARTIL que correu a raudales por este Concello,desde S. PEDRO, hasta MIÑORTOS pasando hasta polo pais vasco,digo esto do pais vasco por que esa semana os mariñeiros do noso Concello non lles tocaba vir e foi unha sorpresa incluso para eles cando lle deron a noticia de que viñan a VOTAR,mirade como andamos,e por quen vamos a estar.Quen pagou os AUTOCARES????Que pagou tamen o AUTOCAR que foi buscar xente a Ribasieira?Quen pagou o derroche de publicidade do candidato doPP????.Por que lle negaron ouprohibiron dar mitines as outras candidatas?????Por que solo tubo acceso a Radio local o candidato do PP.Por que o PPten tanta presa en aprobar o PXOM????E tantas, e tantas......

Anónimo dijo...

Se agora se piden dimisións, por que non se pediron hai catro anos cando se partía desde un posición tan privilexiada como foi estar ao fronte do concello?
E con respecto ao exemplo que pos de Ánxela, outro tanto, tamén debeu dimitir daquela agora dáme a min que non foi por propia vontade, se non, que xa non tiña a que aferrarse.
En Noia tamén partiamos desde a alcaldía, perdemos dúas actas e ninguén pediu dimisións, nin a cabeza Miguel Paz, será porque a pesar diso e quedando de segundo pode ser o próximo alcalde.

Anónimo dijo...

¿Vítimas dun atraco? ¿Chantaxe? ¿Pero os mariñeiros como comentaban moitos no Facebook e o BNG, non dicían que Luis, non os apoiara? Desde logo ten razón o administrador ten que ler cada cousa para ver se pasa o filtro ou non.
En canto ao bus que mencionas que foi a Ribasieira, se foi certo non é nada anormal, xa que se ten feito noutras zonas.
¿Derréoche de publicidade do PP? ¿Non vistes a do BNG, ou non quixestes vela?
¿Que alguén lle prohibiu a un partido dar mitins? Se iso fose certo, ¿Por que non acudiron á xunta electoral en ves de traelo aquí?
¿Que solo tubo acceso a Radio local o candidato do PP? Aínda no suposto caso que non vivises na zona, puidéstelo escoitar coma min que estou fora, por Internet, e cando o traballo mo permitiu puiden escoitar, tanto a Josefa como a Ánxela, a quen non escoitei foi a Asunción, pero supoño que si falou o día que non me puiden conectar, porque Ton Lorenzo, sempre dicía que tiña os micrófonos abertos para todos. Descansa a cabeza, porque co teu comentario está claro porque o PP, por primeira vez na democracia sacou maioría absoluta en Porto do Son. De esta vez as mentiras non colaron.

Anónimo dijo...

Xa vemos como é isto das eleccións en Ribeira o BNG sacou a edís e quere gobernar por riba do PP que sacou 9.
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/barbanza/2015/06/02/bng-ribeira-propone-acuerdo-minimos-controlar-pp/0003_201506B2C39916.htm
El BNG no tira la toalla y sigue apostando por un gobierno alternativo al PP en Ribeira, que entiende que debería presidir su candidato por ser el más votado. Quererán dicir o segundo máis votado.

Anónimo dijo...

Quero respostarlle ao anónimo 8.a do 01/06/15, 20:31 facendo unhas cantas precisións, e sólo porque son un polemista e me gusta o debate, pero iso sí, con datos. Como decía Felipe González, voullo a dicir “sin acritú”. Vostede, repito,vostede, (Observese o tratamento, non como o seu que me trata de compadre) fai un cóctel de cousas que non teñen nadiña de nada que ver co que eu expuxen aquí, sobre a decisión política que debía de tomar a candidata socialista, á vista dos a todas luces catastróficos resultados electorais por ella acadados.
1ª- Di vostede porque agora se piden dimisións, e non se pediron fai catro anos.
Ben, pois a resposta de maneira lacónica e que a pesar do dito que o home e o único animal que tropeza dúas veces coa misma pedra, algúns non se esquecen da primeira.
2ª- Respecto de Anxela, dí vostede que tamén debeu dimitir no ano 2011. Flipante.
Ben, entendo que está vostede mal informado, ou pretende manipular, porque non quero pensar que ás 20:31 estea bebedo/a. Anxela e o Bng no 2011, pasou a ser a segunda forza política no concello, e iso según vostede e motivo de dimisión. Deulle demasiado o Sol, imaxino.
3ª- Dí vostede en Noia tamén perdemos 2 actas, e ninguén pideu dimisións, nin a cabeza de Miguel Paz.
Ben. Seguimos mal informados ou manipulando. Non se poden mezclar churras con merinas. Recorde: faleille de datos. Porto do son 2011= 4 partidos 2015= 4 partidos. Noia 2011= 5 partidos 1 non consigue acta 2015= 4 partidos 1deles Mareas que consigue 2 actas e 1172 votos.

Anónimo dijo...

errata. Donde pon 2015= 4 partidos, debe poñer 5 partidos 1 deles Mareas. Gracias

Anónimo dijo...

Se no 2011 Ánxela non tiña que dimitir porque pasou a ser a segunda forza. ¿Entón por que pide agora a dimisión de Josefa, que se presentou por primeira vez e recuperou ese posto?
Como dixo que ía ser respectuoso comigo, e paréceme que ó final perdeu as formas recórdolle que: Los niños y los borrachos siempre dicen la verdad.

Anónimo dijo...

Señor/a Anónimo1/6/15 10:06: dea vostede un paso adiante e colla o temón dese, según vostede, barco a deriva.

PD: a demisión que está tardando é a do actual alcalde en funcións polos continuos insultos e despreciós machistas hacia as outras candidatas solo pola súa condición de muller.

Anónimo dijo...

Ah, ¿o apoio "aos nosos mariñeiros" que levaba o PP no seu programa electoral era pagarlle o autocar dende o Pais vasco para vir votar?

Anónimo dijo...

¿Ti onde vives, non de Alicia no país das marabillas?
Caso de ser certo, ¿crees que esa xente se vendería por un prato de lentellas?

Anónimo dijo...

Vexo que persiste vostede na defensa numantina da candidata do PSOE, ahora aducindo como razón, que pasou a ser a segunda forza. ¡Segunda forza!, ¿qué forza?, qué forza se ten cando se perden 234 votos?, con que forza se pode sentir unha cando está convencida de que vai salir triunfante no seu pobo, e só acada tres votos mais que o ex-alcalde?, ¿de qué medida tería que ser a derrota, para que non se sinta desamparada e frustrada pola rotunda e taxativa resposta dada polos seus parroquians? Y por outro lado, eu me pregunto: ¿Qué lles ocorre aos militantes socialistas do Son?, ¿ou e quizais que xa non ten? ¿Van permitir que desaparezan esas siglas deste concello?. Ah, e no concernente a que no final perdín as formas, por mais que releo o texto non acado a ver a irreverencia.

Anónimo dijo...

A asemblea do BNG de O Son debería sacala careta e concorrer ás elección coas siglas de quenes a manexan os da UPG. Resulta que non queren defraudar a eses 888 que os votamos, esquecéndose que defraudaron ós 349 votantes do ano 2011, que sen o artificio das asembleas abertas, pasamos a ser por primeira vez a segunda forza neste concello e agora pola perda dese 6%, somos os pechacancelas.
Agora Ánxela que demostra o que é unha oportunista tragase as palabras e renuncia a non recollela acta á que renunciou no seu día, disque por coherencia, a mesma á que renuncia agora. Pero claro, mellor que falen outros por ela, como se fose unha menor de idade en política.
Eu era partidario que nestas eleccións, partise como candidato alguén do Son, e ese alguén tiña que ser Carballo, a persoa máis coherente que vía neste intre como máis visible e agora con esa falsa renuncia de Ánxela, parece que nin o vai a ser, nas próximas, se non que por QUINTA vez quererao intentar.
Por min o último que vaia pechando a porta.