¿Qué pasa con todos eses zapatos que xa ninguén usa? Tódolos días chegan a un recuncho dun agochado xardín fantásticas historias, as vivencias que traen consigo unha morea de zapatos de tódolos tamaños e cores. Unha xoven rapaza é a encargada de coidalos, de darlles a benvida ó lugar onde vivirán para sempre, un lugar onde poder compartir emocións coas belas bailarinas, con Pequecho e os seus irmáns, cos namorados, co Sol e a Nube, con centos de compañeiros que teñen moito que contarnos. "Zapatos" narra todas esas historias que levan dentro os zapatos que xa non teñen dono. Obra destinada a nenos entre 1 e 4 anos. Duración: 30 minutos.
Caramuxo teatro presenta o primeiro espectáculo de teatro para bebés realizado en Galicia. Glub Glub conta a historia da amizade entre un barquiño de papel afundido no fondo do mar e un peixe xoguetón. Unha montaxe chea de estímulos e cunha linguaxe sinxela, case xestual que introduce aos máis novos nunha aventura fantástica e sorprendente. Unha oportunidade para disfrutar cos fillos da primeira viaxe polo mundo do teatro. Idade de 6 meses a 3 anos. Duración: 30 minutos.
04 diciembre 2012
Teatro Caramuxo en Xuño y Portosín
Related Posts:
Caramuxo teatro na Casa da Cultura de Porto do Son … Read More
Caramuxo Teatro presenta Na Casa. Dirixido a nenos de 1 a 6 anos… Read More
Teatro Caramuxo en Xuño y Portosín¿Qué pasa con todos eses zapatos que xa ninguén usa? Tódolos días chegan a un recuncho dun agochado xardín fantásticas historias, as vivencias que traen consigo unha morea de zapatos de tódolos tamaños e cores. Unha xoven ra… Read More
Teatro para bebés de 1 a 4 anos Os máis pequenos teñen unha cita ineludible o vindeiro sábado día 13 de abril ás 18:00 horas na Casa da Cultura de Porto do Son. Teatro Caramuxo interpretará a obra "Zapatos" (cunha duración de 35 min). Esta obra de teatro t… Read More
0 comentarios:
Publicar un comentario