30 septiembre 2015

Rexistro de familias que queiran acoller refuxiados

O Concello de Porto do Son, únese á rede de vilas galegas que queren apoiar ós refuxiados de guerra, poñendo en marcha un rexistro de familias que queiran acoller a persoas ou familias de refuxiados.

O departamento de servicios sociais abrirá un rexistro para que se inscriban todos aqueles veciños e veciñas que estean dispostos a acoller refuxiados nos seus fogares. Poderanse inscribir no departamento de Servicios Sociais ou ben chamando ao 981-867414.

I RAID PORTO DO SON "SONRAIDER 2015"

Cultura e Deportes - Porto Do Son: O vindeiro 3 de Outubro en Porto do Son. Consulten información e regulamento en.

http://fegado.es

26 septiembre 2015

Baobab Teatro presenta.... "MARTES"

Escolas Deportivas Municipais

25 septiembre 2015

Cen días despois, non é hora de actualizala web?

Servizos Sociais (Quiñoy)
Obras e Servizos (Ana Maneiro)


24 septiembre 2015

23 septiembre 2015

Sábado 26, Uxío no país de Patadecabra, Casa da cultura de Porto do Son

Sábado 26, Uxío no país de Patadecabra, Casa da cultura de Porto do Son

22 septiembre 2015

Circuíto Galego de Surf Infantil e Xuvenil nas Furnas

http://www.surfgz.com/surfing/circuito-galego/

Esta fin de semana vai ter lugar na praia das Furnas, no Concello de Porto do Son a IV Proba do Circuíto Galego Xuvenil de Surf e Bodyboard con categorías Sub-12, sub-16 e Sub-18. As previsións son bastante boas e o prazo de inscrición xa está aberto.

Tedes + info en: http://fgsurf.org/novas/circuito/695-3o-proba-infantil-e-xuvenil-de-surf-e-bodyboard-praia-das-furnas-porto-do-son.html

21 septiembre 2015

Nota Informativa - Curso Batucada



A ASOCIACIÓN SONORA de Porto do Son pon en marcha un grupo de Batucada - Percusión na rúa, para xente moza e adultos.

Non é necesario ter coñecementos previos de música, só ganas de aprender e pasalo ben.

O material básico achégao a asociación, que regala unhas baquetas aos novos alumnos.

Para máis detalles sobre horarios, presentación do mestre, e resolver calquera tipo de dúbida relativa ao curso, convócase a todos os interesados a unha reunión informativa o MÉRCORES 23 de setembro ás 20h, no Centro de Interpretación do Castro de Baroña (Concello Vello) de Porto do Son.

A batucada é unha variante da música e baile da samba, estilo tipicamente brasileiro, baseada en ritmos proporcionados con elementos de percusión.

Na batucada, adoita haber un líder ou director que é quen manexa a batería e quen impón os ritmos. E un número de seguidores, canto máis amplo mellor, que acompaña e repite eses ritmos que xeralmente son enérxicos e veloces.

BENEFICIOS DA PERCUSIÓN

.-Aumenta a enerxía física, alivia a fatiga e a inercia.
.-Afecta os estados de ánimo, calma a ansiedade e as tensións, sublima os sentimentos.
.-Fai que o pensamento se centre, aclara os obxectivos, fomenta o valor.
.-Estimula a creatividade e a sensibilidade.
.-Fortalece o carácter e a conduta construtiva.
.-Amplía a conciencia da harmonía espiritual


Máis información: Victor Santos 626 863 907

16 septiembre 2015

Bailoterapia

Caramuxo Teatro presenta Na Casa. Dirixido a nenos de 1 a 6 anos

Escola de Música Municipal. Curso 2015-16

Curso Ludoteca 2015/16

14 septiembre 2015

Taekwondo

07 septiembre 2015

Axudas escolares curso 2015-16

05 septiembre 2015

Festas do Carme Porto do Son 2015


Luns 7, véspera:
- Pasarrúas pola Banda de Música de Caamaño. Concerto na praza de España ao remate.
- 17:00h xogos tradicionais da man da Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional
- 23:00h David Bello dará lectura ao pregón da festa na praza de España.
- Verbena coas orquestras Nueva Generación (praza de España) e Cinema (porto).

Martes 8, Virxe do Carme:
- Dianas e alboradas polo grupo de gaitas Rumbía e a Banda de Lousame.
- 11:30h a Virxe do Carme sairá en procesión da capela ata a explanada do porto.
- 12:00h misa solemne no porto, cantada pola Coral Aturuxos. Concerto da Banda de Lousame ao remate. 
- 18:00h procesión marítima, acompañada pola Banda de Lousame e regreso da Virxe á capela.
- 22:30h verbena coas orquestras Essencia (praza de España) e Filadelfia (porto). 

Mércores 9, Virxe de Loreto:
- Dianas e alboradas polo grupo de gaitas Rumbía e a Banda de Caamaño.
- Misa a cada hora na capela do Loreto dende 08:00h ata as 12:00h, esta última acompañada pola Coral Virxe do Carme.
- 13:00h misa solemne cantada polo coro parroquial
- 13:30h sardiñada popular no campamento de Loreto amenizada polo grupo de gaitas Rumbía e Paco de Leña
- 22:30h verbena coas orquestras Jerusalén (praza de España) e Palladium (porto). 

Xoves 10, San Roque:
- Pasarrúas pola Banda de Música de Brión
- 12:00h misa solemne e procesión na capela da Atalaia, cantada polo Coro Virxe do Carme e acompañada da Banda de Música de Brión. Ao remate, concerto da banda na praza de España. 
- 17:00h no xardín do porto, xogos e inchables para os cativos.
- 22:30h verbena coas orquestras Marbella (praza de España) e París de Noia (porto). 

Vernes 11, día da Caridade:
- Pasarrúas pola Banda de Outes.
- 12:00h misa cantada, co coro parroquial e acompañada pola Banda de Outes. Ao remate, concerto da banda no porto. 
- 16.00h Campionato de Fútbol no xardín do porto.
- 18:00h pasarrúas pola charanga Mekanika
- 22:30h verbena coas orquestras Televisión (praza de España) e Combo Dominicano (porto).
- 00:00h sesión de fogos de artificio. Ao remate, pasarrúas e festa da auga, acompañada da charanga Mekanica. Traca final na praza de España.

04 septiembre 2015

Un ciclista, herido al ser atropellado por un coche que lo embistió de frente

Facemos unha excepción á norma de non citar noticias de medios que apoiaron o "canon" AEDE só para enlazar esta noticia de La Voz de Galicia, pola maneira de tratar a noticia, a cal, loxicamente, causou malestar e queremos compartirlles estas dúas impresións:

XORNALISMO REPULSIVO! Publica La Voz de Galicia no corpo da noticia: "parece ser que el ciclista frenó tarde cuando el vehículo cambió de carril para acceder a una rotonda".

Quedamos abraiados con tal "burrada" e ignoramos se é froito da ineptitude do xornalista ou dun malintencionado intento de manipular o acontecido.

En calquera caso: recupérate pronto compañeiro!

Outro ciclista máis atropelado!
Os da Voz de Galicia botanlle a culpa o ciclista por frear tarde nunha rotonda, cando en realidade nese cruce non hai rotonda, e o ciclista levaba preferencia. Os periodicos publican as noticias sin ningún rigor, coma quen frie churros( con todo o meu respeto os churreiros).
Volvendo o tema do atropelo, por favor, moita prudencia cos ciclistas que van moi desprotexidos e calquer golpe pode deixar orfa a unha familia e ós seus achegados. Fagamos que ser ciclista non se convirta nun deporte de alto risco.

ACTUALIZACIÓN: Rectificación de La Voz de Galicia publicada hoxe, 4 de setembro. Como se vía nas imaxes a posición do coche indicaba que o vehículo non fixera o ceda o paso reglamentario (tanto a vehículos de motor como a bicicletas) para incorporarse á vía do porto. 

RECTIFICACIÓN: OS COELLOS NON SE TIRAN ÁS ESCOPETAS! La Voz de Galicia rectifica a publicación que aparecía onte na súa web sobre o acontecido no Porto do Son. Din por aí que rectificar é de sabios.

Queremos destacar o bo trato recibido de parte dos membros da redacción de Ribeira.



Axudas para a adquisición de material escolar


O obxecto desta orde é convocar axudas para a adquisición de material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso escolar 2015/16.

As solicitudes (anexo I) deberán presentarse en soporte papel, preferentemente no centro en que estea matriculado/a o/a alumno/a, ou en calquera dos lugares e rexis­tros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es

Presentarase unha solicitude por cada alumno ou alumna matriculados, de xeito que, se a persoa solicitante ten varios fillos ou fillas matriculados nas ensinanzas obxecto da convocatoria, xa sexa no mesmo ou en distinto centro, deberá presentar unha solicitude para cada un deles.

O prazo de presentación de instancias é dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación da orde de convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Inicio do prazo: 02.09.2015
Fin do prazo: 01.10.2015

Se no centro non poden resolverlle ás súas dúbidas, tamén pode poñerse en contacto cos seguintes teléfonos da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos:
981 54 65 21, 881 99 73 85, 981 54 73 01


Sede electrónica | ED330F - Modelo de solicitude 







Ribeira e Porto do Son botan a andar o obradoiro de emprego Tahume 2 para especialidade en carpintería

http://www.tv27barbanza.com/?p=6330 | Mércores 2 setembro 2015

O centro Cultural Lustres Rivas foi escenario esta mañá da presentación do novo obradoiro de emprego Tahume 2 que se presenta coa finalidade de potenciar o emprego nos concellos de Ribeira e Porto do Son. Unha iniciativa que se vai prolongar nos próximos 6 meses e na que participan un total de 21 persoas, 4 delas mulleres e 17 homes.

Os participantes obterán un certificado de profesionalidade de carpintería válido en todo o ámbito nacional. A concelleira de acción social, Esther patiño, explicou os traballos que van desenvolver.

O novo paseo marítimo de Porto do Son será inaugurado en dúas semanas

http://www.tv27barbanza.com/?p=6324 | Mércores 2 setembro 2015
Unhas obras que van en tempo permitirán inaugurar o novo paseo marítimo de Porto do Son dentro de 15 días. Un tramo de 6km que une o Museo Marea co castro de Baroña e que consigue arrendar esta senda da carretera xeral.

Un proxecto que se une ás 16 novas rutas de sendeirismo onde se están a realizar a día de hoxe os traballos de sinalización e que permitirán poñer en marcha un total de 160km de sendeiros.
Trátase dunha iniciativa para fomentar o turismo da vila e poñer en valor a imporetancia arqueológica do castro de baroña.

Un Traballo do grupo de acción costeira financiado pola consellería do medio rural e do mar e por Deloa, que ascende a un total de 450 mil euros.

Mañá (4-setembro) comeza o novo curso na rede autonómica ‘A Galiña Azul’ con preto de 9.300 prazas para nenos e nenas de 0-3 anos

Xunta: Notas de prensa | Muros (A Coruña), 3 de setembro de 2015

O novo curso na rede autonómica ‘A Galiña Azul’ comeza mañá cunha oferta total de preto de 9.300 prazas para nenos e nenas de 0-3 anos e a incorporación de dez novos centros. Así a rede autonómica contará neste curso cun total de 159 escolas infantís.

A oferta da Rede vese un ano máis incrementada en relación ao curso anterior. O xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Roberto Rodríguez, visitou hoxe a escola de Muros (A Coruña), unha das oito de nova creación para este curso, xunto ás de Boiro, Cambre, Malpica, Melide, Oroso, Porto do Son e Salvaterra de Miño. A estas hai que engadir as escolas de Meira e de Narón-Xuvia, que xa funcionaban como escolas municipais e agora pasan a formar parte da rede da Xunta, que acada así as 9.294 prazas, unha oferta que supón un incremento do 71 por cento respecto ás 5.430 prazas coas que contaba en abril de 2009.

Ademáis, no curso escolar 2015-2016 haberá preto de 500 novas prazas públicas de 0-3 anos financiadas con fondos da Administración autonómica a través do sistema de concerto con centros privados, unha opción que se puxo en marcha este ano por primeira vez nas sete cidades e as súas áreas de influencia.

Deste xeito, a oferta de prazas sostidas con fondos públicos complétase coas escolas municipais, as escolas dependentes de entidades de iniciativa social e doutras entidades e as máis de 1.000 prazas de cheque infantil, ata un total de preto de 20.500 prazas á disposición das familias galegas.

Con esta oferta, acádase por primeira vez a cobertura recomendada pola Unión Europea para o tramo de idade 0-3, que supón contar cunha oferta de 33 prazas para cada 100 nenos e nenas en idade de acceder a unha escola infantil.

Outras escolas en obras
O xerente do Consorcio indicou que “a posta en marcha de prazas públicas en escolas infantís de 0-3 anos é un dos obxectivos fundamentais do Plan de Dinamización Demográfica de Galicia, que conta con 69 medidas, e que pretende mellorar a conciliación da vida familiar, laboral e persoal dos galegos e galegas”.

Nesa liña, ademais do incremento no comezo do actual curso, a planificación de novas prazas que está a executar a Consellería de Traballo e Benestar inclúe actualmente oito escolas xa en construción, que suporán un total de 471 novas prazas.

Eses novos equipamentos localízanse nos concellos de Ames, Fene, Burela, Marín, Tomiño, Oza-Cesuras, A Coruña e Arteixo. Cómpre salientar que as dúas últimas están a ser construidas no marco dun convenio coa Fundación Amancio Ortega.

02 septiembre 2015

Viernes día 4 o director de cine Antón Reixa estará en Queiruga



O próximo viernes día 4 o director de cine Antón Reixa estará en Queiruga ca intención de documentarse en relación ca organización veciñal: asociación de veciños, comisión de festas, e aspectos como cando os veciños se xuntaban para apagar o lume ou limpar arquetas e camiños, como no caso de Goltar, por exemplo. Carmen Santos Queiruga, escribeu un artigo en Praza Galega ( un xornal dixital ) ca intención de homenaxear aos veciños de Queiruga, e para sorpresa dela este tivo moita repercusión. O director de cine leéuno e contactou con ela para organizar esta reunión. A cooperación de todos e todas é moi importante para que esto ao final, sexa unha cousa boa e chula para a nosa parroquia. Un saudo a todos e calquer duda contestareivos con moito gusto.

Evacuan a una menor atropellada en Porto do Son


Una menor ha sido evacuada este martes en ambulancia tras ser atropellada en el Camiño Novo, en el municipio coruñés de Porto do Son, según informa el 112.

Un particular fue el que pidió ayuda al centro de atención a las emergencias y el equipo médico del helicóptero con base en Santiago se trasladó a la localidad para atender a la niña, que finalmente pudo ser evacuada en ambulancia.

La alerta fue recibida a las 16,20 horas y el personal del 112 pidió la colaboración de los agentes de la Policía Local, de la Guardia Civil de Tráfico y de Protección Civil de Porto do Son.

Cine ao aire libre en Portosín

Pleno - Luns 7 setembro

https://www.facebook.com/psoe.portodoson/posts/448749921976749

Convocado pleno ordinario para o vindeiro luns 7 de setembro ás 20:00 horas no salón de actos do Centro de Interpretación do Castro de Baroña (a antiga Casa Consistorial)