Facemos unha excepción á norma de non citar noticias de medios que apoiaron o "canon" AEDE só para enlazar esta noticia de La Voz de Galicia, pola maneira de tratar a noticia, a cal, loxicamente, causou malestar e queremos compartirlles estas dúas impresións:
XORNALISMO REPULSIVO! Publica La Voz de Galicia no corpo da noticia: "parece ser que el ciclista frenó tarde cuando el vehículo cambió de carril para acceder a una rotonda".
Quedamos abraiados con tal "burrada" e ignoramos se é froito da ineptitude do xornalista ou dun malintencionado intento de manipular o acontecido.
En calquera caso: recupérate pronto compañeiro!
Outro ciclista máis atropelado!
Os da Voz de Galicia botanlle a culpa o ciclista por frear tarde nunha rotonda, cando en realidade nese cruce non hai rotonda, e o ciclista levaba preferencia. Os periodicos publican as noticias sin ningún rigor, coma quen frie churros( con todo o meu respeto os churreiros).
Volvendo o tema do atropelo, por favor, moita prudencia cos ciclistas que van moi desprotexidos e calquer golpe pode deixar orfa a unha familia e ós seus achegados. Fagamos que ser ciclista non se convirta nun deporte de alto risco.
ACTUALIZACIÓN: Rectificación de La Voz de Galicia publicada hoxe, 4 de setembro. Como se vía nas imaxes a posición do coche indicaba que o vehículo non fixera o ceda o paso reglamentario (tanto a vehículos de motor como a bicicletas) para incorporarse á vía do porto.
RECTIFICACIÓN: OS COELLOS NON SE TIRAN ÁS ESCOPETAS! La Voz de Galicia rectifica a publicación que aparecía onte na súa web sobre o acontecido no Porto do Son. Din por aí que rectificar é de sabios.
Queremos destacar o bo trato recibido de parte dos membros da redacción de Ribeira.
0 comentarios:
Publicar un comentario