Mostrando entradas con la etiqueta Axudas Escolares. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Axudas Escolares. Mostrar todas las entradas

01 febrero 2017

BANDO: Axudas para a adquisición de material e transporte escolar

13 noviembre 2015

Axudas para material escolar

04 septiembre 2015

Axudas para a adquisición de material escolar


O obxecto desta orde é convocar axudas para a adquisición de material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso escolar 2015/16.

As solicitudes (anexo I) deberán presentarse en soporte papel, preferentemente no centro en que estea matriculado/a o/a alumno/a, ou en calquera dos lugares e rexis­tros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es

Presentarase unha solicitude por cada alumno ou alumna matriculados, de xeito que, se a persoa solicitante ten varios fillos ou fillas matriculados nas ensinanzas obxecto da convocatoria, xa sexa no mesmo ou en distinto centro, deberá presentar unha solicitude para cada un deles.

O prazo de presentación de instancias é dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación da orde de convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Inicio do prazo: 02.09.2015
Fin do prazo: 01.10.2015

Se no centro non poden resolverlle ás súas dúbidas, tamén pode poñerse en contacto cos seguintes teléfonos da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos:
981 54 65 21, 881 99 73 85, 981 54 73 01


Sede electrónica | ED330F - Modelo de solicitude 







07 octubre 2014

Axudas escolares do Concello de Porto do Son

13 septiembre 2013

Axudas escolares 2013

Está aberto o prazo para solicitar Axudas de Libros e Transporte Escolar.

- Axudas para material escolar, destinadas a financiar o custo de adquisición dos libros de texto e material escolar dos alumnos matriculados en Educación Infantil.

- Axudas para transporte escolar, destinadas a financiar os custos de desprazamento en transporte público colectivo dos alumnos de Ensinanza Secundaria ou de Formación Profesional, que se impartan en Porto do Son.

Os solicitantes deben reunir as seguintes características:

1.- Estar empadroados no Concello de Porto do Son.

2.- Estar matriculados en centros de ensino oficiais.

3.- Non superar o nivel de renda de 600€ ao mes.

4.- Non percibir ningunha outra axuda para o mesmo fin.

5.- Non ter pendentes de xustificación outra axudas ou subvencións outorgadas polo Concello de Porto do Son.

Os interesados deben dirixirse as oficinas de Servizos Sociais ata o 11 de outubro de 2013.

10 mayo 2013

Axudas escolares nas liñas de material e transporte escolar

A distribución definitiva dos créditos orzamentarios das axudas escolares é a que segue, de acordo coa modificación aprobada polo decreto da Alcaldía 355/2013, do 09.05.2013, a vista da proposta de concesión de axudas:

- Liña de material escolar: 4.700,00

- Liña de transporte escolar: 3.800,00

Axudas escolares nas liñas de material e de transporte escolar

10 octubre 2012

Axudas Escolares

Bases para solicitar Axudas Escolares nas liñas de material escolar e de transporte.
Prazo para a solicitude das axudas: ata o día 10 de novembro de 2012.





Bases para solicitar Axudas Escolares nas liñas de material escolar e de transporte.

Prazo para a solicitude das axudas: ata o día 10 de novembro de 2012.