http://www.tv27barbanza.com/?p=6330 | Mércores 2 setembro 2015
O centro Cultural Lustres Rivas foi escenario esta mañá da presentación do novo obradoiro de emprego Tahume 2 que se presenta coa finalidade de potenciar o emprego nos concellos de Ribeira e Porto do Son. Unha iniciativa que se vai prolongar nos próximos 6 meses e na que participan un total de 21 persoas, 4 delas mulleres e 17 homes.
Os participantes obterán un certificado de profesionalidade de carpintería válido en todo o ámbito nacional. A concelleira de acción social, Esther patiño, explicou os traballos que van desenvolver.
0 comentarios:
Publicar un comentario