A ASOCIACIÓN SONORA de Porto do Son pon en marcha un grupo de Batucada - Percusión na rúa, para xente moza e adultos.
Non é necesario ter coñecementos previos de música, só ganas de aprender e pasalo ben.
O material básico achégao a asociación, que regala unhas baquetas aos novos alumnos.
Para máis detalles sobre horarios, presentación do mestre, e resolver calquera tipo de dúbida relativa ao curso, convócase a todos os interesados a unha reunión informativa o MÉRCORES 23 de setembro ás 20h, no Centro de Interpretación do Castro de Baroña (Concello Vello) de Porto do Son.
A batucada é unha variante da música e baile da samba, estilo tipicamente brasileiro, baseada en ritmos proporcionados con elementos de percusión.
Na batucada, adoita haber un líder ou director que é quen manexa a batería e quen impón os ritmos. E un número de seguidores, canto máis amplo mellor, que acompaña e repite eses ritmos que xeralmente son enérxicos e veloces.
BENEFICIOS DA PERCUSIÓN
.-Aumenta a enerxía física, alivia a fatiga e a inercia.
.-Afecta os estados de ánimo, calma a ansiedade e as tensións, sublima os sentimentos.
.-Fai que o pensamento se centre, aclara os obxectivos, fomenta o valor.
.-Estimula a creatividade e a sensibilidade.
.-Fortalece o carácter e a conduta construtiva.
.-Amplía a conciencia da harmonía espiritual
Máis información: Victor Santos 626 863 907

0 comentarios:
Publicar un comentario