04 septiembre 2015

Axudas para a adquisición de material escolar


O obxecto desta orde é convocar axudas para a adquisición de material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso escolar 2015/16.

As solicitudes (anexo I) deberán presentarse en soporte papel, preferentemente no centro en que estea matriculado/a o/a alumno/a, ou en calquera dos lugares e rexis­tros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es

Presentarase unha solicitude por cada alumno ou alumna matriculados, de xeito que, se a persoa solicitante ten varios fillos ou fillas matriculados nas ensinanzas obxecto da convocatoria, xa sexa no mesmo ou en distinto centro, deberá presentar unha solicitude para cada un deles.

O prazo de presentación de instancias é dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación da orde de convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Inicio do prazo: 02.09.2015
Fin do prazo: 01.10.2015

Se no centro non poden resolverlle ás súas dúbidas, tamén pode poñerse en contacto cos seguintes teléfonos da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos:
981 54 65 21, 881 99 73 85, 981 54 73 01


Sede electrónica | ED330F - Modelo de solicitude 







0 comentarios: