Luns 7, véspera:
- Pasarrúas pola Banda de Música de Caamaño. Concerto na praza de España ao remate.
- 17:00h xogos tradicionais da man da Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional
- 23:00h David Bello dará lectura ao pregón da festa na praza de España.
- Verbena coas orquestras Nueva Generación (praza de España) e Cinema (porto).
Martes 8, Virxe do Carme:
- Dianas e alboradas polo grupo de gaitas Rumbía e a Banda de Lousame.
- 11:30h a Virxe do Carme sairá en procesión da capela ata a explanada do porto.
- 12:00h misa solemne no porto, cantada pola Coral Aturuxos. Concerto da Banda de Lousame ao remate.
- 18:00h procesión marítima, acompañada pola Banda de Lousame e regreso da Virxe á capela.
- 22:30h verbena coas orquestras Essencia (praza de España) e Filadelfia (porto).
Mércores 9, Virxe de Loreto:
- Dianas e alboradas polo grupo de gaitas Rumbía e a Banda de Caamaño.
- Misa a cada hora na capela do Loreto dende 08:00h ata as 12:00h, esta última acompañada pola Coral Virxe do Carme.
- 13:00h misa solemne cantada polo coro parroquial
- 13:30h sardiñada popular no campamento de Loreto amenizada polo grupo de gaitas Rumbía e Paco de Leña.
- 22:30h verbena coas orquestras Jerusalén (praza de España) e Palladium (porto).
Xoves 10, San Roque:
- Pasarrúas pola Banda de Música de Brión
- 12:00h misa solemne e procesión na capela da Atalaia, cantada polo Coro Virxe do Carme e acompañada da Banda de Música de Brión. Ao remate, concerto da banda na praza de España.
- 17:00h no xardín do porto, xogos e inchables para os cativos.
- 22:30h verbena coas orquestras Marbella (praza de España) e París de Noia (porto).
Vernes 11, día da Caridade:
- Pasarrúas pola Banda de Outes.
- 12:00h misa cantada, co coro parroquial e acompañada pola Banda de Outes. Ao remate, concerto da banda no porto.
- 16.00h Campionato de Fútbol no xardín do porto.
- 18:00h pasarrúas pola charanga Mekanika.
- 22:30h verbena coas orquestras Televisión (praza de España) e Combo Dominicano (porto).
- 00:00h sesión de fogos de artificio. Ao remate, pasarrúas e festa da auga, acompañada da charanga Mekanica. Traca final na praza de España.
0 comentarios:
Publicar un comentario