04 septiembre 2015

O novo paseo marítimo de Porto do Son será inaugurado en dúas semanas

http://www.tv27barbanza.com/?p=6324 | Mércores 2 setembro 2015
Unhas obras que van en tempo permitirán inaugurar o novo paseo marítimo de Porto do Son dentro de 15 días. Un tramo de 6km que une o Museo Marea co castro de Baroña e que consigue arrendar esta senda da carretera xeral.

Un proxecto que se une ás 16 novas rutas de sendeirismo onde se están a realizar a día de hoxe os traballos de sinalización e que permitirán poñer en marcha un total de 160km de sendeiros.
Trátase dunha iniciativa para fomentar o turismo da vila e poñer en valor a imporetancia arqueológica do castro de baroña.

Un Traballo do grupo de acción costeira financiado pola consellería do medio rural e do mar e por Deloa, que ascende a un total de 450 mil euros.

1 comentarios:

Anónimo dijo...

!!!E sin cumprir a lei de accesibilidade!!!!