23 octubre 2012

«O meu obxectivo é conseguir investimentos para Barbanza»


:logo-lvg: | Barbanza

O exalcalde de Lousame afronta unha nova etapa na que será o único representante da comarca no Hórreo

Conversar onte con Santiago Freire Abeijón, ata hai unhas semanas alcalde de Lousame e, desde o domingo, deputado electo do Partido Popular pola provincia da Coruña, non resultaba nada fácil pola cantidade de chamadas que recibiu con mensaxes de felicitación. Nos vindeiros catro anos, a non ser que a constitución do novo goberno da Xunta permita a entrada de novas caras barbancesas no Hórreo, será o parlamentario encargado de defender os intereses da bisbarra en Santiago.

-¿Que valoración fai do resultado electoral?

-O resultado é satisfactorio, tanto a nivel local como comarcal, provincial e galego. En Lousame a xente respondeu ben, incluso algo mellor que noutras citas electorais, o PP gañou claramente en todas as mesas. Pese á menor participación, o apoio foi similar. E a nivel comarcal logramos tamén un bo resultado; incluso en municipios nos que non gobernamos, como Noia e Muros, practicamente teriamos a maioría absoluta.

-¿E agora que?

-Temos por diante un reto complicado para responder á confianza que os galegos depositaron en nós. Hai que implicarse para iniciar a senda da recuperación do emprego e da actividade empresarial, eses serán os grandes obxectivos desta lexislatura.

-¿Esperaban unha vitoria tan clara? ¿Había confianza en que se lograría a maioría?

-Confianza había, pero a entrada de novas forzas en litixio podía alterar os resultados, como así foi porque a irrupción de Beiras foi unha gran sorpresa. Esperábanse uns resultados favorables, pero ninguén contaba cunha subida tan importante. Había certa preocupación, sobre todo pola baixa participación.


-Nunha situación complicada e cos recortes e axustes que se fixeron, ¿cal cre que foi a clave para que o PP mantivese o apoio de gran parte do electorado?

-Creo que son dúas. Por unha parte, Alberto Núñez Feijoo soubo explicar moi ben a situación de solvencia de Galicia, callou a mensaxe de que, nun escenario complicado, conseguiron manterse servizos básicos e non houbo que facer recortes especialmente drásticos. Actuouse con previsión, foi pioneiro en determinadas medidas e logrou que Galicia estivese nunha situación máis estable que o resto. Por outro lado, no PP hai un liderado claro, hai unha unidade total e non a división e as liortas internas que hai noutros partidos, e iso soubo transmitirse.

-¿Como afronta vostede esta nova etapa política?

-É un reto novidoso, importante, e teño a esperanza de poder contribuír a conseguir investimentos e melloras para esta comarca, ese é o meu obxectivo.


-¿Hai posibilidades de que entre a formar parte do novo goberno da Xunta?

-Aínda que hai quen me atribúe algunha responsabilidade adicional, non hai nada diso. Cando entrei a formar parte da lista a proposta era ter unha maior responsabilidade a nivel provincial e comarcal, lograr un escano no Parlamento e botar un cabo naqueles concellos nos que temos máis dificultades. A decisión, en todo caso, é do presidente, pero esa era a proposta inicial. O que supoño é que, pola miña profesión e traxectoria no Concello, podería ter protagonismo nunha comisión relacionada co ámbito do medio rural, pero nada máis. O obxectivo é adquirir certa experiencia e despois xa se verá.

Santiago Freire PARLAMENTARIO electo do PP

7 comentarios:

Anónimo dijo...

!!En breve non será a única da Comarca!!!...

Anónimo dijo...

Quixera felicitar en primeiro lugar á coalición de Beiras por haber retirado os carteis electorais colgados nos farois, e de segundo ao PP e PSOE, aínda que de momento non fixeron o mesmo coas pancartas enriba da estrada e rúas.
Mal, moi mal o BNG que non retirou nin a primeira e iso que foron dos primeiros en colgalas.

Anónimo dijo...

¿Por qué teñen tan mal perder os nacionalistas e socialistas de Galicia?. ¿Paráronse a pensar algunha vez que o problema pode estar neles e non nos votantes?. ¿Pensan que desa forma poden conseguir algún día que un paisano que lle da o mesmo votar aun partido que a outro, pero que nesta ocasión fíxoo polo PP, nas próximas os vai votar despois de poñelo a parir?.
Tan enrevesados son que xa non lles chega con botar a culpa a quen votou PP, se non que agora tamén atacan e lles faltan ao respecto aos abstencionistas do seu triunfo. Claro que despois outros van máis alá e din que se todos eles votasen polo SOE, BNG e AGE, Galicia podería ter un goberno progresista. Se non fose polo rabo, empreñaría a besta.
Só vendo como o Jorquera se despachou a gusto con Beiras, por rabuñarlle votos e escanos, non quero imaxinar o que sairía dese hipotético tripartito. Esa é outra, aínda non gañando, se entre os tres obtivesen os 38 escanos, non estarían largando todo o que están largando, nin tería inconveniente en alterar, de xeito legal, todo hai que dicilo, non fago coma eles, o que votou o pobo e que non sería outra cousa, que gobernase o partido que gañou as eleccións.

Anónimo dijo...

Pois mira a resultante das maiorias absolutas do pp,manda carallo co ben que nos tratan o pobo.
Faltache moita cultura democratica polo que miro nos teus comentarios, pero deixo que ti es feliz contigo mesmo.

Anónimo dijo...

Esta claro que a los perdedores de las recientes elecciones autonómicas no os gusta la mayoría absoluta del PP, y eso es malo, porque guste o no guste, fue el pueblo libre y soberano el que votó.
Para los que no vivimos de la política ya no sabemos si es mejor que haya mayorías absolutas o no. Me explico.
Cuando el PSOE y el PP necesitaron el apoyo de los partidos nacionalistas, CIU y PNV, sobre todo, consiguieron contrapartidas para sus comunidades en detrimento de las más pobres y fueron unas marionetas en sus manos.
Aquí tuvimos el famoso bipartito que solo se pusieron de acuerdo en repartirse el pastel, después cada uno fue a lo suyo y llegó un momento que no se sabia quien era el presidente de la Xunta y quien el Vicepresidente.
Non es mi intención defender aquí al PP, pero a nivel nacional si el PSOE anticipó las elecciones fue porque no fue quien de parar la crisis que mal gestionó, non en sus casi 8 años de gobierno, si no en la última legislatura, en la que se superaron los cinco millones de parados.
Para que un gobierno tome tantas medidas impopulares la cosa tiene que pintar muy mal, y claro, con su cultura democrática puede preguntarse porqué no lo hace contra la banca y las grandes fortunas. Yo ya lo hago, pero también me pregunto porqué no lo hicieron los socialistas en su día cuando pudieron y no minimizaron la que nos echaron encima.

Anónimo dijo...

Ainda que moitos non o vexan ou non o queiran ver así; comparando como estábamos fai un ano e como estamos agora, e visto a que nos esta caendo, está claro que ZP puxose él como o saco das ostias mentres Rajoy nos está poñendo a nós. Creo que ese giro ao centro que estaban experimentando os socialista debeuse a unha adaptación ás circunstancias. Os mínimos recortes son criticados con saña se veñen da esquerda cando os máximos recortes son alabados se veñen da dereita. A dereita é parte do problema actual, as políticas especulativas e económicamente liberales son as que nos levaron a esta situación, non fumos capaces de ver que despois da burbulla inmobiliaria viña a burbulla especulativa, e mentres todos distraidos falando de que si os socialistas non son alternativa, de que si perderon por non sei que, por non sei canto, etc.
A min dame igual quen acabe con esta lacra liberal, sexa o PSOE, sexa Beiras ou sexa Pepito Grilo encima dun unicornio multicolor fumando porros de loureiro, pero entendamos que calquera vale antes destes populares que teñen a habilidade e a indecencia de falarnos e convencernos con boas palabras cando as súas intencións son impoñer unhas políticas que non suelen favorecer á maioría social. Porque mirade, como decía unha película de Alejandro Amenábar, "Abre Los Ojos" e dádevos conta que ainda que poidades ter iphones e coches vos (empufandovos hasta as orellas), seguimos sendo clase media

Anónimo dijo...

Anónimo25 de octubre de 2012 15:24: De verdade cree vostede que viven mellor noutras comunidades onde non goberna o PP? Mire Cataluña, alí nunca gobernou o PP e polo que se ve están moito peor que nós. Na anterior lexislatura con un tripartito que non deixou pé con bola, e agora CIU. Uns e outros tan amigos do BNG, pero que non deixan de botarnos aos galegos a culpa dos seus males, poñendo sempre o AVE por diante. Claro, como eles xa o teñen, ao resto que lles dean.
Salvo os banqueiros e os políticos, coido que ninguén é feliz con esta crise galopante que temos, pero non se engane, o PP terá agora parte da culpa, pero o PSOE de Zapatero, ao que se me ocorreu votar na súa última lexislatura, da Champións League levouno á liga de parroquias, non se engane. Claro que estou en contra das medidas que toma Rajoy, pero é que ZP deixou as arcas baleiras e o Estado non é unha máquina de facer cartos, aínda que teña unha fábrica da moeda.
A min faltarame cultura democrática, pero vostede parece que vai sobrado de visionario e moi escaso de intelecto. Usa vostede o plural e con este é o segundo comentario que envío, fágoo para que mire a onde apunta, porque o vexo moi trabucado e porque tantos paus de cego quixo dar que non atinou unha. Non se moleste en replicarme, porque pola miña parte o conto morre aquí, observei que se alguén ten una opinión diferente aquí logo che saltan á chepa. Ah, fixese o contento que estou que gañase o PP, votei por AGE.