Bo día.
Un ano máis, volvemos recordar aos nosos veciños caídos, naquel fatídico 12 de outubro do ano 1916.
Son xa 99 anos destes feitos. Foron consecuencia da situación creada polos administradores do concello: para sufragar as débedas que xeraron pola súa mala xestión, decidiron imporllas aos veciños a través dun déficit. O medo espallábase polo concello, quen non afrontase o pago, era embargado. Pero as xentes de Nebra negáronse a facelo. Xermolando a idea dende a casa da Liga Agraria de Nebra, decidiron facer fronte ao recadador na ponte de Cans, impedirlle o seu camiño de roubo. Foi esa mañá do 12 de outubro cando veciños e veciñas de todas as aldeas de Nebra se foron unindo na ponte de Cans, e ao berro de “non se paga o defís” ía medrando fronte deles o número de garda civís armados. A consecuencia da algarabía que se formou nese lugar son os feitos que recordaremos o luns: moitos feridos e varios caídos xa na mesma ponte. Mentres a xente trataba de darlle auxilio aos seus veciños, as forzas do orde marchaban para defender ao alcalde. E foi a través dos altos mandos dende onde foron silenciando estes feitos ata quedar no esquecemento.
No ano 2000, logo de que anos atrás xa se celebraran varias homenaxes e mesmo se chegou a erixir un monólito no recordo (hoxe desaparecido), Paco do Martelo decidiu rescatar este acto de lembranza, apoiado por familiares das mesmas vítimas. Colócase no 2001 o actual monólito, punto de reunión para a lembranza. Este ano xa son 16 edicións nas que que vimos ofrecendo este recordo para que a xente de Porto do Son non esqueza este anaco da nosa propia historia.
A homenaxe consistirá en dous actos.
- ás 18:00h, haberá unha misa na honra de vítimas e familiares na igrexa de Santa María de Nebra.
- ás 19:00h, haberá unha ofrenda floral ao pé do monólito na ponte de Cans.

Agardando que poida asistir ou informe do mesmo, reciba un cordial saúdo. Se desexa máis información ou detalles, pode pórse en contacto no correo electrónico pacodomartelo@gmail.com, onde lle resolverá calquera dúbida.
Toño Calo
(Familia do Martelo)
0 comentarios:
Publicar un comentario