https://www.facebook.com/Cultura e Deportes - Porto Do Son
Baobab Teatro actuará na Casa da Cultura de Xuño o sábado, 10 de outubro ás 18.30 horas.Duración: 45 minutos
Dirixido a nenos a partir de 3 anos.Baobab Teatro actuará na Casa da Cultura de Xuño o sábado, 10 de outubro ás 18.30 horas.Duración: 45 minutos
Andrea é a encargada de facernos un caldo atípico, un caldo que necesita de ingredientes moi especiais, o principal ingrediente que se necesita son orellas que escoiten, outros ingredientes que lle darán sabor a este rico caldo son os contos, contos visuais, contos de libro e contos dramatizados, aderezados con bonitas cancións.
¿Contos para un caldito? convida ó público a escoitar e a deixarnos levar polos contos e polos obxectos visuais que se presentan; un chapeu que non é un chapeu, unha ratita que se transforma nun momento, unha nena/ou do público será quen de debutar como actriz?
Entre todos construiremos un caldito máxico con poderes especiais para converternos en máis altos, máis rápidos e máis fortes, se así o queremos?
O espectáculo consiste en ir cociñando contos e historias para que así cheire mellor, éntrennos polo nariz e podamos degustalas.
Dirixido a nenos e nenas a partir de 3 anos.
É un espectáculo moi participativo e ten unha duración de 50 minutos.
0 comentarios:
Publicar un comentario