10 octubre 2012

«Estamos entre as zonas de Galicia cun menor porcentaxe de paro»


:logo-lvg: | Barbanza

A voceira ribeirense alude os bos resultados da política de Núñez Feijoo

Leva dous mandatos na política municipal como voceira do PP e a súa traxectoria veuse respaldada con novas cotas de responsabilidade. Agora figura como candidata número 14 nas listas pola Coruña.

-A política sufre un certo desprestixio por parte dos cidadáns, ¿teme que iso se manifeste nunha maior abstención?

-En momentos de dificultades económicas parte da poboación sufre un desencanto pola actividade política, pero os cidadáns deben entender que en democracia é fundamental a actuación dos políticos. Agora ben, hai que diferenciar entre o político oportunista e o xestor público ao servizo do cidadán.

-¿Cal é a mensaxe que quere que se leven os cidadáns cando a escoitan intervir nun mitin?

-Ante todo, que a garantía de que Galicia progrese témola no noso candidato, Alberto Núñez Feijoo. Grazas a súa xestión, Galicia ten menos déficit, menos paro e máis servizos públicos. Está nunha mellor situación que a maioría das comunidades. É preciso continuar co proxecto de goberno de Feijoo para que, a través de políticas de eficiencia no gasto público, poidamos continuar facendo máis hospitais, máis garderías e máis centros de saúde, entrando de cheo nas cuestións básicas que lle interesan ao cidadán e sen enredarnos en aventuras independentistas nin en conflitos inexistentes.

-¿Que propostas do programa do PP teñen incidencia directa na bisbarra?

-As que inciden en sectores como a pesca e a industria conserveira. Buscaremos a mellora na comercialización dos produtos e a profesionalización empresarial, fomentaremos os plans de ordenación dos cultivos mariños. En materia económica, estimularemos a actuación de novos emprendedores.

-Falando de emprego, ¿como valora a situación na comarca?

-Con todas as dificultades, estamos entre as zonas de Galicia cun menor porcentaxe de paro. A construción da lonxa ou a creación dun centro integrado de FP son actuacións que pretenden, en último termo, conceder aos nosos cidadáns maiores oportunidades de emprego.

-Era unha descoñecida en política e xa vai de candidata.

-Debo agradecer a confianza depositada en min por parte de dous grandes xestores e alcaldes, Ruiz e Torres. Ao longo destes anos aprendín moito. Sobre esta base, gañas e ilusión non me faltan para defender a miña bisbarra na máis alta institución da comunidade de Galicia.

herminia pouso candidata do pp

1 comentarios:

Anónimo dijo...

¿Como que "Galicia ten menos déficit, menos paro e máis servizos públicos"? me cago en tal, ou esta muller non debe leer a prensa a diario ou cree sen rechistar o que lle contan desde o partido