:logo-ecg: | Terras de Santiago
El salón de actos del centro de interpretación del Castro de Baroña acogió ayer una charla del diputado del PSOE Guillermo Meijón, a la que asistieron alrededor de medio centenar de personas. Meijón se encargó de explicar las consecuencias de los recortes en la educación que, según afirmó, ponen en peligro la enseñanza pública. En el acto también intervino el responsable provincial de Educación del PSOE, Antonio Álvarez Cisneros.
21 comentarios:
Quedei pasmado cando vin a reducción dos presupostos en educación dende 2010, o que está a facer o PP ca sanidade e a educación é un auténtico atentado contra o estado de benestar dos galegos.
Estes da dereita teñen na crisis, e na maioría que lles otorgáchedes nas urnas, a excusa para facer o que realmente queren, e non é outra cousa que sacar tallada da sanidade e a educación, é absurdo que cada vez se dediquen menos recursos á educación pública pero non se recorten as subvencións dos colexios privado e concertados.
Todos sabemos o elitistas que lles gusta ser aos da dereita, eso tamén o podemos ver no Son, e por iso non entendo como fuchedes capaces de votarlle ao PP.
En fin, "Disfruten lo votado", pero tende en conta que non vai haber marcha atrás, en canto nos saquen o que temos por dereito vai ser moi dificil recuperalo
Sen querer levarche a contraria en nada do escrito, o mesmo se podería dicir dos que no seu día votaron PSOE. Esta crises non é porque a xente votase PP, se non que naceu a partires de políticas erradas de Zapatero, seguramente de Aznar e ata me atrevo a afirmar que algún rescoldo quedou de Felipe.
Claro que vai ser moi difícil recuperalo perdido, porque ningún goberno recuperou o que outro nos quitou. Aí temos os primeiros recortes da época de Felipe, relativo ao tempo de paro. A nosa memoria non pode ser tan fráxil cando non nos interesa.
En Francia non goberna a dereita, se non a esquerda e tamén esta aplicando recortes. En Cataluña, con un goberno nacionalista están pechando centros médicos, os rapaces teñen que pagar por levala súa propia comida, etc. Si tamén en Madrid, non teño porque casarme con ninguén.
Por non ter nin cos nacionalistas de aquí, que cando foi do bipartito, xunto co PSOE fecharon o PAC de Porto do Son e a súa xente de aquí, non apareceu polas manifestacións, como si fai agora porque gobernan outros. En fin, que tódolos partidos teñen moito de que avergoñarse, non só os votantes dun partido.
Home, postos a divagar, todos sabemos que a crisis non é culpa de ningún presidente de España, é global, é debida a un sistema económico absurdo do que nos levan alertando fai anos pero que é imposible cambiar. Pero a min dame igual o que fagan os grandes mentres non me repercuta directamente, e non me podes negar que estes fenómenos que temos agora estánnos vareando por tódolos lados, xa me gustaría a min sufrir os recortes de Francia con Hollande e non os de Marianico.
Mira, sinceramente, cada un mira polo seu, e eu como traballador vexo que sempre vivín mellor cando se aplicaron políticas de esquerda, non quere decir que ca dereita vivira mal, simplemente vexo que cando as cousa se poñen jodidas uns miran por nós e outros por outros. É triste comprobar como despois de tantos anos e progreso se pode comprobar a natureza e esencia misma de cada partido.
Sr. Anónimo eu voteille á dereita como a vostede lle gusta dicir, e a verdade vendo o seu comentario non me arrepinto en absoluto, xa que no único no que se basa é en afirmacións tipo de discurso barato, "dereita, elitismo", por favor sr. anónimo pijos hainos na dereita, ezquerda, nacionalista, comunistas, etc.... e si os do PP do Son son elitistas, vostede non se fixa moito no candidato do PSOE do Son? dame a impresión de que moito non porque este por non relacionarse nin se relaciona coa xente do seu pobo.
Evidentemente eu non son político e non teño a labia para convencerche de si a esquerda é mais beneficiosa para un traballador que a dereita, pero deberías arrepentirte de votarlle á dereita polo que estamos sufrindo e non polo meu comentario. Sin ánimo de ofender, pero non hai mais cego que o que non quere ver nin cousa mais parva que un traballador de dereitas, coño, que algúns parecedes quinceañeras da superpop e estades contentos mentres os vosos ídolos vivan ben. Facede o puñetero favor de abrir os ollos e mirar mais aló de amistades e conveniencias, sexa o partido que sexa.
Pero que coño falaras si a culpa do que estamos pasando agora tena o anterior presidente do goberno e o seu equipo de goberno que eran uns ineptos.E quero recordarche que nos minteu a todos para sair reelegido negando a crisis ata non poder mais.Este si que mirou polos traballadores si señor
Mira non teño quince anos, nin me rixo por ídolos diso xa pasei fai tempo. Non entendo porque dís que un traballador non pode ser de dereitas, acaso toda a xente de dereitas e rica?, como xa che dixen noutro comentario "afirmacións tipo de política barata". Máis che direi amigo lévo ano e medio no paro, hai ano e medio non gobernaba a dereita en España, o que parece que non quere ver es tí e tes moi pouca memoria, pero a mín como me está tocando sufrilo conservoa toda e un niñato/a coma ti non me vaia vir a min a "ensinar a facer fillos", porque estou pasando unha situación moi jodida e non esbardallo barato coma outros. Os ollos xa os teño moi abertos xa que teño 50 anos e non creo que mos vaias a abrir ti. E o consello que das, ti non o levas a cabo porque si que te rexes por partidos, ideoloxías e eslogans baratos.
eu son un traballador desde que me levanto hasta que me deito e votareille a dereita outra vez e se son parvo por eso sinto por ti que non tes idea do que falas por que as ideas dos de mais son libres vai democrata que estas feito compañeiro ti es dos bos todo para min e nada para os demais.
Para o das "4 de octubre de 2012 19:50", a miña non é política barata senón é unha simple opinión dun tio normal, gusteche ou non. E non me posiciono a favor de ningún partido concreto. Creo que somos bastantes os que estamos na mesma situación ca túa e xa teño unha edad para saber o que digo. Nin me conoces nin che conozo polo que o de niñato sobraba amigo. Eu tamén sei insultar pero polo que a min respecta acabouse a conversación
Vendo o transcorrer da campaña electoral, que Deus nos pille confesados con esta xente. E non digamos nada sobre os slogans escollidos polos cinco partidos con posibilidades de acadar deputados.
PP: Galicia primeiro. Difícil de crerlles logo do que temos visto, aínda que seguramente sexan os únicos que dependan deles para elixilo presidente da Xunta.
PSOE: É o momento, Galicia decide. Pensando sempre que cada elección era un bo momento de decidir e resulta que para estes éo agora. Ben, salvo que iso vaia polo seu candidato. ¿Habería que preguntarlles se tamén é o momento de facer unha "chapuza" nas nosas casa sen licenza?
Outra curiosidade neste PSOE é que prometen acabar cos recortes, e tal vez por iso comezaran coas súas pancartas, que son a metade doutros anos. Vamos, que con unha fixeron dúas.
BNG: Para facerlles frente. Tan galeguistas e resulta que en tres frases, teñen que meter unha gralla en castelán. Aínda que nas redes usan máis: en Bloque podemos, agora que non pasan de ladrillo.
O recorte no BNG podémolo ollar en que tiveron que prescindir de escaleiras e se nos despistamos, pegamos coa cara nos seus carteis.
AGE: Hai que paralos¡ Isto sóame a aquilo logo do Prestige de: Hai que botalos! Con todo iso, ollase que Beiras ten moi nerviosos aos seus excompañeiros, que non fan máis que atacalo dicindo que vai con un partido español, esquecéndose que na Xunta e en moitos concellos, gobernan co PSOE e mesmo chegaron a gobernar co PP.
CxG: A túa voz. Dentro do que cabe é unha frase recorrente se acadan un escano e levan a voz do pobo ao Parlamento, porque ata agora o máximo que fixeron os que están alí, foi asegurarse unha nómina durante catro anos.
Se estes catro en discordia acadan conxuntamente os 38 escanos, o PSOE vai que temperar moito as gaitas se quere que BNG, AGE e CxG se amarren os machos e tragar moita biles. Non debemos de esquecer que cando estiveron xuntos na casa común común, non foron capaces de entenderse entre eles.
Querido amigo....,sonache esto?.
A unidade do PP, ¿a das gorras, a dos sombreiros?¿A dos Baltar?¿A de Mario Conde?
Sabes cal e o seu frente comun?
A do diñeiro, a de eles mais ricos, mais listos, mais do mais ?
Se no PSdeG-PSOE poden utilizar as pancartas de anos anteriores digo eu que será porque o seu candidato non renuncia as súas siglas, non coma outros
Parece ser que Ángela Franco, la líder del BNG del Son y candidata a las próximas elecciones autonómicas, también le cogió el gusto de pedir el voto para su partido a unos excursionistas, como hizo hace cuatro años el señor Quintana. http://www.lavozdegalicia.es/especiales2009/eleccionesgallegas/2009/02/20/0003_7542371.htm
Los hechos presuntamente se produjeron en una excursión que organizó la comunidad de montes de Nebra. A lo mejor creyó que estaba en ese tipo de excursiones que nos organizan gratis casas comerciales, pero que luego durante el viaje intentan colarnos sus productos.
No se que opinaría ella y su partido, aunque es fácil de imaginar, si estas cosas las hiciese el PP, al que dicen que quieren hacernos frente.
¿Un candidato que renuncia ás súas siglas? Que se saiba, nos carteis de cada candidato e partido, sae ben clara a súas sigla e o logo. Dende logo polo Son eses carteis aínda non se viron.
O pp mintenos todos os dias, e Ud. non di nada.
Home, de momento no PP algo máis de unidade que nos outros partidos si que hai. Os Baltares son o que son, outros, non mataban unha mosca, pero tamén souberon muxila Deputación da Coruña para onde gobernaban os seus. A magoa foi que ao quedarlle a vaca sen leite, agora pasan todos del.
Mario Conde para o PP pode ser menos imprescindible que para o PSOE, o BNG, AGE e incluso CXG. Iso si que pode ser un galimatías.
Por último non sei se entende o que queres dicir: o resto (PSOE, BNG, AGE, CxG) métense en política por amor ao arte. Se somos xente da rúa, faise duro ler estas cousas, aquí cada un vai ao que vai.
Aí tes o tema das preferentes, que foron colocadas cando as caixas eran publicas, non dende que pasou a ser Nova Galicia Banco. Daquela, PP, PSOE e BNG tiñan nelas cargos nos concellos de administración, pero polo que se ve, para chupar delas e vivir do conto, non para evitar casos coma eses. Porque non está de mais recordarche, que eses pagos saían dos intereses que xeraban esas contas e das comisións que nos cobraba, polo menos unha das caixas.
Bla, bla, bla.... más de lo mismo. Pero no vamos a pretender un cambio radical en un sistema político, económico y social que está absolutamente carente de valores?. Uffffffff acaso tenemos lo que nos merecemos?. Seguimos discutiendo, PP.PSOE,BNG el otro y eld e la moto. Pero es que a estas alturas no nos hemos dado cuenta que son TODOS IGUALES???. Que bajan al pan de los pobres cuando buscan su proia manteca. Que sólo se ponen de acuerdo, con nocturnidad y alevosía para ponerse sueldos millonarios y pensiones vitalicias también millonarias en OCHO AÑOS, mientras al resto de los mortales les hacen falta 35 años de míseros salario para una pensión de mierda? y sigo preguntándome aún así seguimos participando en su sistema y nos peleamos entre nosotros por limpiarles el culo y auparles al sillón desde el que nos llevan a todos a la ruina?. Es que ya no se nos ha olvidado el significado de los conceptos: honestidad, solidaridad, respeto, agradecimiento? A mi no me lo grabaron a fuego desde niña por eso por primera vez desde la democracia NO IRE A VOTAR pues no deseo cómplice de mi propia miseria, aún cuando no soy tonta y reconozco que votar a unos puede ser menos malo que votar a otros, pero me da igual aquí la del lorito: Nos jodimos todos. Es la única forma de empezar de cero y recuperar el verdadero espíritu de la política que no debe ser otro que el servicio público.
Fdo: Concepción Lavid
Non podo estar máis de acordo contigo Concepción. Traguei tres debates insufribles dos que non agardaba moito, aínda que para soporífero o dos Pacos, aínda que para rematala faena faltoulle un snog. En calquera taberna xéranse debates moito máis intensos entres os nosos paisano. Todos sabemos e os políticos mellor que ninguén, que dende a oposición gobernase moito mellor e un un exemplo témolo en Rajoy. Tamén é verdade que entrar a gobernar coa caixa valeira non é nada doado, e por riba, con un paro galopante que con Zapatero superaba os 5 millóns de persoas. É posible que faga falta recortar, pero comencemos primeiro porque quen causou esta crises: políticos e banqueiros. En Galicia pasou o mesmo. Agora PSOE e BNG parece que teñen a solución á crise, pero cando gobernaron xuntos xa había crises e paro, non tanto como agora, pero xa viña galopando con forza. ¿Que Feijoo prometeu acabar co paro? Se nos poñemos a lembralas promesas de todos que gobernaron e non cumpriron a primeira, terían que marchar coa cabeza gacha. Uns e outros na oposición tamén tiñan a solución aos lumes forestais e resulta que baixo o seu goberno ardeu máis que nunca. Claro que despois apresuráronse a dicir que eran lumes moi estraños. Claro, tan estraños como foron na época de Fraga ou na do tripartito, por certo, cando menos medios había. Tamén me causo gracia que se acuse ao PP de ter manga ancha con certos sectores: prensa, enchufismos, etc, cando e perdoen que mencione de novo ao bipartito, PSOE e BNG tamén alumearon aos que lle seguían a corrente ou crearon apostas, sobre todo o BNG. Famosos foron os casos de Carrumeiro, GZ Nación, etc. Que derrotado o bipartito, desapareceron por arte de maxia. Ou os tan traídos chiringuitos, para poder enchufar á xente, só polo mero feito de ter carné ou simpatizar. Bueno, aquí os tres coñecen ben a agulla de marear. É que podemos falar dos famosos Plus de Altos Cargos, aprobados na época do bipartito. Efectivamente, tamén cos votos a favor do PP. Como ían uns e outros tirar pedras sobre o seu tellado.
Dña.Concha, ud. que pide respeto e que participou en politica, parece mentira que diga esto pero .............pensa o ladron, que todos son da sua condiccion.
Un saudo.
E a mina opinión tan restabel coma sua volte leer o meu comentario non se obsesione tan si coa firma
Asd: Concepcion lavid
O galego do BNG
http://www.galiciaprofunda.com/?p=3033
Publicar un comentario