31 agosto 2016

PRÓXIMA RECOLLIDA DE RESIDUOS A DOMICILIO

Recordámoslles a todos os veciños de Porto do Son; que a próxima recollida de residuos a domicilio de (electrodomésticos, ferramentas, equipos informáticos, pequeños escombros...)

SERÁ O DÍA 5 DE SEPTEMBRO

LEMBRÁMOSLLES OS INTERESADOS QUE DEBEN COMUNICALO AO CONCELLO DE PORTO DO SON, CHAMANDO O TELÉFONO 981867412, CO FIN DE ORGANIZAR A RECOLLIDA DOS RESIDUOS.

AVISO

Escola de música e danza municipal

29 agosto 2016

27 agosto 2016

Proceso selectivo para a contratación laboral temporal dun psicopedagogo

A Alcaldía do Concello de Porto do Son, por decreto do 25/08/2016 resolveu aprobar a convocatoria e as bases que rexerán o proceso selectivo para a contratación laboral temporal dun psicopedagogo.

O prazo de presentación de instancias é de 5 días naturais a contar desde a publicación da convocatoria no xornal "El Correo Gallego". Se o derradeiro día fose inhábil, o prazo rematará o seguinte día hábil.

Bases psicopedagogo


26 agosto 2016

Donación de sangre en Porto do Son

PORTO DO SON

Hoxe

Unidade Móbil na zona Portuaria
(a carón do Club de xubilados e Club Náutico)


16:00 a 21:00 horas

Teléfono de información gratuíto 900 100 828

Para más información: Centro de Transfusión de Galicia

23 agosto 2016

Festival AC SONORA - Venres 26 Agosto 2016 - Porto do Son

Moi bo día!!
Este venres 26 de agosto, celebramos o Festival SONORA en Porto do Son. O programa vai ser completo: contaremos con actuacións de música tradicional, rap, rock e rumba e, ademais, haberá un bingo en clave de humor, presentado por "As Jrecas", dúo local.

Contamos coa vosa presenza e agardamos poidades colaborar na difusión deste evento.

Moitas grazas

Directiva

AC SONORA



Donación de sangre en Porto do Son

PORTO DO SON

Xoves 25

Unidade Móbil na zona Portuaria
(a carón do Club de xubilados e Club Náutico)


16:00 a 21:00 horas

Teléfono de información gratuíto 900 100 828

Para más información: Centro de Transfusión de Galicia

22 agosto 2016

Festival sonora


19 agosto 2016

Travesía a nado Concello de Porto do Son

18 agosto 2016

FESTAS DO CARME DE PORTOSIN


11 agosto 2016

Recollida de enseres e residuos

A Mancomunidade Serra do Barbanza e o Concello de Porto do Son poñen en funcionamento un novo servizo de recollida de residuos a domicilio, (electrodomésticos, eléctricas,ferramentas eléctricas, informáticos, pequenos escombros de obra doméstica, etc…), os interesados deben comunicarllo ao concello de Porto do Son, chamando ao teléfono 981 867412, co fin de organizar a recollida dos residuos mensualmente.

Recolleranse os seguintes residuos:
. RAEE (Aparatos eléctricos e electrónicos)
. Pequenos escombros de obra doméstica (en sacos de ata 100Kg)

Cando se trate de outro tipo de enseres, tales como; mobles, deberán comunicalo a Mancomunidade Serra do Barbanza (empresa encargada da recollida do lixo), no seguinte número de teléfono: 981 191240 acadando sempre as normas para a súa correcta recollida.

Tamén se poderá facer uso do PUNTO LIMPO ubicado na Parroquia de Nebra, concretamente en Cadeiras. Horario de Apertura:
. Os mércores de 15h a 19h

. Os Venrs e Sábados de 10h a 14h e de 15h a 19h

Está PROHIBIDO o depósito de residuos xunto os conlectores do lixo ou en lugares non habilitados para este fin.

En caso de INCUMPRIMENTO, o Concello adoptará as medidas necesarias, IMPOÑENDO AS SANCIONS QUE PROCEDAN.

Recollida de residuos

A MANCOMUNIDADE SERRA DO BARBANZA E O CONCELLO DE PORTO DO SON PON EN FUNCIONAMENTO UN NOVO SERVIZO DE RECOLLIDA DE RESIDUOS A DOMICILIO, (ELECTRODOMÉSTICOS, FERRAMENTAS ELÉCTRICAS, EQUIPOS INFORMÁTICOS, PEQUENOS ESCOMBROS DE OBRA DOMÉSTICA, ETC..), OS INTERESADOS DEBEN COMUNICARLLO AO CONCELLO DE PORTO DO SON, CHAMANDO AO TELÉFONO 981 867412, CO FIN DE ORGANIZAR A RECOLLIDA DOS RESIDUOS MENSUALMENTE.

RECOLLERANSE OS SEGUINTES RESIDUOS:

. RAEE (Aparatos eléctricos e electrónicos)
. PEQUENOS ESCOMBROS DE OBRA DOMÉSTICA (EN SACOS DE ATA 100 KG)

A RECOLLIDA NO MES DE AGOSTO O DÍA 22.

A RECOLLIDA NO MES SETEMBRO O DÍA 5.

10 agosto 2016

CONCERTO B.M.T. SUEVIA

Ó SON DA DANZA 2016

COPA: VII Memorial Emilio García

04 agosto 2016

Romería Virxe do leite - Montemuiño 2016

Detalles II Btt Montemuíño
Acércase o día e queremos que teñades toda a información posible para que vos organicedes da mellor maneira e poder así cumprir os horarios previstos. Cousiñas importantes:

1-ENTREGA DE DORSAIS
Levarase a cabo no cruceiro de Montemuíño, onde se realiza a Romaría da Virxe do Leite. Comezará ás 8:15 e rematará ás 8:45 horas.

2-SAÍDA BTT
Terá lugar no mesmo lugar que a entrega de dorsais ás 9:00 horas. Seremos moi puntuais!!

3-PINCHOS POST-RUTA
Comezarán ás 12:05 horas no mesmo campo da festa.

4-SORTEO DE REGALOS
Contamos con numerosos regalos para sortear entre os ciclistas participantes. Temos que agradecerllo os nosos colaboradores Joyería Polo (Porto do Son), MC Bikes (Noia) e Sportbike (Ribeira). O sorteo comezará ás 12:30 horas.

5- DUCHAS E LAVADO DE BICIS
Dispoñemos das instalacións do campo de fútbol Emilio García, onde xogan habitualmente o Porto do Son e o Baroña. Situados a 2km de Montemuíño. As instalacións abriranse de 12:45 a 14:00 horas.

6- FESTA RACHADA
O que queira volver para a romaría despois de ducharse, que saiba que hai un programa moi entretido e divertido para pasar unha boa tarde. Para máis información mirade o cartel.

02 agosto 2016

EXALTACIÓN DO POLBO

NON TIRAR TOALLIÑAS, BASTONCIÑOS E LIXO O WC

INFORMACIÓN SOBRE O PUNTO LIMPO

01 agosto 2016

Donación de sangre en Portosín


PORTOSÍN

Martes, 2
Unidade Móbil Diante do Centro de Saúde
16:00 a 21:00 horas


Teléfono de información gratuíto 900 100 828

Para más información: Centro de Transfusión de Galicia