Mostrando entradas con la etiqueta Beneso. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Beneso. Mostrar todas las entradas

25 febrero 2015

Plan de Aforro e Investimento


Comunicado do equipo de goberno do Concello de Porto do Son: http://www.portodoson.org/
Este comunicado (adxuntando informe técnico do proxecto) é a resposta aos comunicados dos grupos da oposición que o BNG de Porto do Son habilitou na súa páxina sobre o PAI, e que foron replicados en redes sociais. Os comunicados que citan nesta resposta do concello son os seguintes:
16 de Febreiro de 2015: Obras de saneamento en Resúa, Puilla, Eiravedra e Loreto
17 de Febreiro de 2015: Aquí mando eu?
20 de Febreiro de 2015: A ditadura de Oujo perde o PAI ao incumprir un acordo plenario


15 febrero 2013

O Son amplía su saneamiento, esta vez en Beneso, gracias al canon eólico

:logo-ecg: | Terras de Santiago

La red ejecutada tuvo un coste de 101.657 euros y beneficiará a más de 250 vecinos

O Son. La delegada territorial de la Xunta en A Coruña, Belén do Campo, y el alcalde de O Son, Luis Oujo, visitaron ayer las obras financiadas por la Consellería de Presidencia, por un total de 101.657 €, con cargo al Fondo de Compensación Ambiental, que permite a los concellos beneficiarse del canon eólico. Se trata de la red saneamiento ejecutada en la parte baja del núcleo de Beneso, que beneficiará a 250 vecinos (unas 70 viviendas) de este núcleo y de Eiravedra.

Oujo reiteró el objetivo de acabar la legislatura con el 80% del municipio saneado; dijo que en breve se hará otro bombeo en Ornanda y que Augas de Galicia licitará la depuradora de Baroña.

27 agosto 2012

Reunión saneamento Eiravedra e Beneso


O venres 31 de agosto, no Bar de Eiravedra, as oito da tarde terá lugar unha reunión co Sr. Alcalde para expoñer en que consisten as obras, o seu custo e as solucións técnicas para o saneamento.

13 mayo 2012

A poetisa que nunca esqueceu Beneso


:logo-lvg: | Barbanza

¿Que foi do legado de Áurea Lorenzo Abeijón?

Emigrou con 18 anos e só volveu no 1975; os seus familiares gardan o recordo inmaterial

Nas derradeiras cartas que Áurea Lorenzo Abeijón (Beneso, Porto do Son, 1905 - Buenos Aires, 1995) lle enviaba dende América á súa irmá Enriqueta, dicíalle que, cada día, pensaba en volver a Galicia. A ese lugar que lle chamaban (e lle seguen chamando) A Hortiña, en Beneso, nunha aba do monte Iroite, preto do mar. Marchara con 18 anos da casa natal e só volvera no 1975. Por iso quería facelo de novo. Non puido ser. Ou si, se se ten en conta a dozura coa que lembran os seus logo daquela visita. Eles gardan o recordo.

Na casa onde ela nacera, rehabilitada hai xa moitos anos e hoxe en día sinalada co número 35, Rosa Vila Queiruga abre a porta un xoves, sen terlle avisado. Pregúntaselle se esa é a vivenda na que viñera ao mundo Áurea. Di que si. Ela é sobriña política. «O meu home, Antonio, era sobriño dela», explica. Amable, conta que garda a reedición do seu poemario Queixas, feita no ano 2004. Amosa o autógrafo da responsable da investigación e edición, a sonense Aurora Marco. Ten o libro repasado, «aínda que agora xa non podo moito».

Rosa senta nunha pedra para buscar nas páxinas a fotografía das súas tres fillas con Áurea Lorenzo, Aurita, durante aquela visita do 1975. «Viña aquí e ía tamén á casa de Enriqueta, en Tara. Enriqueta xa morreu. Tiña 98 anos. E Luisa [outra irmá de Áurea]», lembra Rosa. O seu home tamén faleceu. Pero ela conserva os recordos. Non hai moito máis legado ca este inmaterial do sentir. Da América non volveron chegar novas dende un 31 de decembro de hai moitos anos e nada do que ela tivo aló puido volver á terra que a vira emigrar. Nin sequera a familia ten datos claros sobre o ano de falecemento, aínda que se sitúa arredor do 1995. «Cando se lle fixo este libro, ela xa morrera», confirma a súa sobriña política.

«Tería que ser en vida»

«Marchou moi noviña», di Rosa, e logo pasa a recitar uns versos dela: Cando collín o fardiño e baixei as escaleiras... Di que cando ela era moza tiña moi boa memoria e que esas poesías «que veñen aquí no libro» xa lle soaban. Queda vivo José María, sobriño da poetisa, así como as fillas de Rosa, é dicir, sobriñas netas. Dominga é un delas. Pouco máis. A reedición de Queixas no 2004, coa conseguinte investigación da súa vida e obra por parte de Aurora Marco, en colaboración co Concello de Porto do Son, foi, en boa medida, a homenaxe que tiña máis que merecida. Pode atoparse nas librerías da comarca. Rosa asistiu á presentación do libro. Cre que a Áurea habería que terlle feito actos de recordo en vida. «Don Julio, un cura que estivo aquí moito tempo, quixera traela a Galicia, pero daquela xa era moi maior, e preferiu non vir dende tan lonxe».

Áurea Lorenzo ten unha rúa co seu nome en Portosín (paralela á Avenida da Constitución). Aínda non está dada de alta, pero si foi aprobada en pleno. Será un recordo na súa terra natal.

07 octubre 2009

La Xunta financiará la ampliación de un vial sonense cuyo arreglo solicitaban los vecinos

:lvg: | 7/10/2009
El alcalde de Porto do Son, Manuel Tomé, se mostró muy satisfecho ayer al asegurar que la Xunta financiará la ampliación del vial que une los lugares de Beneso y Mantoño, en la parroquia de Goiáns. La actuación tiene un coste de 60.000 euros.

Tomé comentó que tuvo ayer, tras una entrevista con el director de Infraestruturas, la confirmación de que la Administración gallega iba a realizar esta mejora, que desde hace mucho tiempo era solicitada por los residentes.

El mandatario sonense también explicó que la contribución de los vecinos a la hora de acometer esta intervención ha sido muy decisiva porque, según precisó, se les pidió su apoyo para la cesión de terrenos y no tuvieron ningún problema en acceder a la solicitud.

Manuel Tomé recalcó que el arreglo de este camino es muy necesario y que se acometerá con cargo al Programa de Infraestruturas Agrarias aprobado por el Gobierno gallego.
Poco a poco obras que llevan siendo solicitadas varios años por los vecinos, parece que empiezan a ver el final del camino y nunca mejor dicho.