O CONCELLO DE PORTO DO SON ORGANIZA UN OBRADOIRO DE REHABILITACIÓN E FISIOTERAPIA.
A actividade, aberta ao público en xeral, estará centrada no tratamento de persoas inmobilizadas ou con dano cerebral.
O Concello de Porto do son organiza, dentro do seu programa formativo anual, unha nova acción formativa que vai ter lugar o vindeiro xoves 27 de outubro. Nesta ocasión, o tema a tratar serán as
técnicas de rehabilitación e fisioterapia en persoas inmobilizadas ou con dano cerebral.
Nesta actividade, de carácter gratuíto e organizada en colaboración coa Escola Galega de Saúde para Cidadáns, abordaranse os seguintes contidos:
- Normalización do tono muscular e estimulación da actividade reflexa postural, facilitando os
reflexos de enderezamento e reaccións de equilibrio.
- Adquisición dun óptimo control postural para a prevención e corrección ortopédica das
posibles deformidades.
- Potenciación da independencia motórica, desenrolando no posible algún medio de locomoción,
favorecendo a autonomía persoal e mellorando a calidade de vida.
- Actividades lúdicas e deportivas adaptadas (Boccia, Atletismo, Fútbol, Natación, Slalom, etc.).
As persoas interesadas en participar nesta acción formativa poderán formalizar a súa inscrición a
partir do luns día 17 de outubro no Servizo de Orientación Laboral do Concello de Porto do Son
(Casa do Concello – 2º andar).
As prazas, limitadas, adxudicaranse por rigorosa orde de inscrición.
0 comentarios:
Publicar un comentario