01 octubre 2015

Ante alusións vertidas por Merce SB, expoñemos

Queremos facer unha aclaración ante este comentario da señora Merce SB, nesta entrada de Facebook, antes de que a xente dea por certas cousas que non son verdadeiras: 
https://www.facebook.com/notes/antonia-sobrido/cento-e-pico-días-despois/

"fonforron" ese blog subencionado x el pp con dinero publico igual que la radio que tan bien se porto en campaña??
Temos que explicarlle que erra vostede con esta acusación. Este blog non está subvencionado por ninguén, sempre foi e será POR E PARA OS VECIÑOS. Dar entrada a comentarios anónimos, permite a moita xente opinar sen que as amizades lles neguen a palabra ou os poña a caldo por non ser da mesma opinión (certo é que hai moitos que aproveitan para soltar a súa bile, cousa que tentamos moderar, no posible).

Recoméndolle que se ten probas de que o goberno de Luís Oujo fai o que vostede sinala con cartos públicos, faga a denuncia pertinente, senón está calumniando. Con respecto á radio e ó trato durante a campaña, por informacións, temos coñecemento de que se puxeron en contacto con todos os partidos que se presentaron para facerlles entrevistas. Se algún partido declinou esa oferta, xa é problema de organización do partido, non é culpa da radio.

Aclarar tamén que a relación de empresas, blogs e páxinas persoais que pode ver no noso lateral, fóronse engadindo segundo as atopabamos facendo buscas na rede ou que nos escribiron presentándose, pero ningunha pagou por aparecer aí. De feito, tivemos varias ofertas de empresas para anunciarse a cambio dunha cantidade e declinamos, porque a intención deste blog non é a de facer cartos.

O afán de servizo público deste blog, pode observalo na presenza de varias noticias sobre as fazañas de seu fillo Anxo Lorenzo. Así mesmo, PSOE, BNG, organizadores de actividades ou particulares (como o seu marido), tamén se puxeron en contacto con nós e publicamos as súas notas tal e como as envían. Non se lle pediu nada a cambio a ninguén.

Para rematar, seguiremos mentres nolo permitan, dende o verán recibimos varios avisos de denuncias ao blog, coa intención de que o pechen ou mostre un aviso disuasorio antes de entrar (o que busca botar atrás a quen nos visite). Tamén houbo intentos de infiltración, tentando sacar o contrasinal de maneira ilícita:
Alguien ha utilizado tu contraseña para intentar iniciar sesión en tu cuenta de Google.
Google ha detenido este intento de inicio de sesión, pero deberías revisar los dispositivos que has utilizado recientemente. 
Por sorte o intento (ou intentos) de intromisión foron en van, pero chegamos a perder acceso momentáneo ao blog por este motivo.

No resto do comentario entre varias opinións, fai algunhas acusacións, que, como lle dixen antes, se ten probas, debería usar os medios óptimos para facer a denuncia (algunhas son graves e afectan a terceiros).

6 comentarios:

Anónimo dijo...

Es que yo todavía no entiendo como Asunción Torres o Angel Lorenzo non reprenden a esta mujer y le dicen que se esté calladita. Lo que suelta por su boca no son más que lindezas y todo con una ortografía penosa, que hace mucha pupa en los ojos. Desde luego lo que está claro es que si Portodos está representado y defendido en la red por esa mujer.... lo dicen todo. En cuanto a las acusaciones, la mayoría gravísimas que hace, son siempre sin aportar ningún dato ni prueba, si fueran hacia mi persona, habría tiempo que tendría noticias mías en forma de denuncia. La verdad es que siento verguenza ajena.

Anónimo dijo...

Pero de donde saíu esta muller.Dios. Se estivera calada gañaba mais,porque a verdade e que deixan moito que desexar os seus comrntarios

Anónimo dijo...

Totalmente de acordo anónimo das 17:20, a mala ortografía, pero sobre todo a mala educación de esta persoa e algo que nos avergoña o todos os sonenses, eu tampouco entendo como non lle cortaron o rollo desde dentro, porque é abrir a boca e metela pata. Eu tampousco entendo como ainda non a denunciaron porque o dela e bastada tras bastada... unha das últimas no perfil dun político do Son (ánxela) dille unha persoa, a culpa e dos pputos vell@s, e responde Merce, Bueno.... dentro de cuatro años ya caería alguno...., esa falta de respecto hacia os nosos maiores pareceme penosa, pero mais penoso me parece ainda que Ánxela llo deixe colgar no seu perfil. Eu sinceiramente denunciaría porque as calumnias que lle fai a certas persoas, decindo claramente que rouban cartos, non son broma, agora mesmo calquera ten un teléfono e solta pola boca, ou polos dedos mellor dito. Tal vez non lle corten o rollo dende a casa porque pensan igual que ela, si é así, vaia por deus, vaia oposición nos espera no Son!

Anónimo dijo...

Donde viste tu la ortografia penosa querida?verguenza sentimos otros de tener politicos que se esconden detras de un perfil falso,eso si es
penoso.

Anónimo dijo...

En primer lugar fonforros solo quiero aclarar tres cosas,la primera es que veo muy bien que te defiendas sobre lo que dije de la radio y del blog,pero quiero dejar claro que comente lo que muchisima gente dice,pero bueno veo que lo desmientes y esta el tema mas o menos aclarado.
el segundo es pedirte como administrador del blog que eres que mantengas al magen de esto a mi hijo ya que no es sano nombrarlos cuando ellos no se estan metiendo en ningun tema de estos.
por ultimo como tu bien dices x veces tienes que controlar los comentarios de alguna gente que sueltan cosas muy fuertes x la lengua y teneis que controlarlos (eso es lo mas normal)pero mi pregunta es?de verdad que eso es para todo el mundo? Xq esos tres comentarios hacia mi persona no son muy respetuosos que digamos y me ponen verde,lo normal fonforron seria que no dejases publicar eso si este blog es realmente lo que era hace mucho tiempo esos comentarios estarian mas que borrados.un saludo

Fonforrón dijo...

Todo o contrario solo colgamos a súa etiqueta porque parece esquecer que o 21 de xullo de 2011, publicamos un comentario seu e do seu home como unha entrada, para que a súa queixa tivese máis repercusión, iso é algo que facemos raramente, salvo cando nos remiten información ó correo habilitado. Nin daquela nos considerabamos un santos, nin hoxe somos uns demos, tal e como nos puxo. Por nós critique todo o que queira ó goberno, aquí o na súa conta de facebook, pero déixenos ó marxe das súas críticas, que xa vin que optou por borrar, e iso xa quere dicir algo.
No tocante a que lle faltaron al respecto, revise agora na captura de pantalla o que dixo.