09 junio 2015

Resolución do DOG nº 106 do 2015/6/8 - Xunta de Galicia

Máis información: http://www.xunta.es/dog/ - PDF - DOG 106, Páx. 22150 (8/xuño/2015)

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 25 de maio de 2015 pola que se dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Orde do 2 de xaneiro de 2015 (Diario Oficial de Galicia número 9, do 15 de xaneiro), pola que establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a concellos de Galicia e ás súas entidades públicas con personalidade xurídica propia, e agrupacións de concellos, para o equipamento e mellora das instalacións e locais utilizados para a realización de actividades culturais, susceptibles de cofinanciamento polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, e se procede á súa convocatoria para o ano 2015.
Entidade: Concello de Porto do Son
Proxecto: Equipamento das casas da cultura
Subvención: 3.136,04 €


0 comentarios: