Bases de contratación de persoal laboral temporal para 2015
Publicación listado e data de exame de peón limpeza de praias.
Publicación listado e data de exame de capataz limpeza de praias
Listado capataces de praia.pdf
Listado peóns limpeza de praias.pdf
Publicación listado e data de exame de peón limpeza de praias.
Publicación listado e data de exame de capataz limpeza de praias
Listado capataces de praia.pdf
Listado peóns limpeza de praias.pdf
8 comentarios:
!!!Continuamos ka política do enchufismo!!!por certo¿sabedes donde ven a pedra do novo cacho de espijón no muelle?da canteira de Lousame.....xF
Obviamente as pedras saen das canteiras, e se no Son non as hai, terá que vir doutro Concello. Ó mellor vostede igual non sabe que ese espigón, é competencia de Portos de Galicia, e que se puxo en marcha antes das eleccións, e o pobo votou. Noia tampouco ten canteiras. ¿Xa descubriu de onde trouxeron a pedra, para empedralas rúas e un aparcamento, ou solo ve enchufismo no PP?
O mesmo que a plaia de Entrepuntas que ninguén sabía donde era e aínda así algún sacou un pleno....ou a entrevista"curricular" que de eso non tivo nada. Ou a quiniela que fixen eu o venres de 16 "posibles" candidatos e acertei 9 sin saber nin quen eran, so mirando as listas de admitidos do 2011 ata agora...en fin, enchufe de catro fases!!!!
Bueno bruxa Lola, aínda a risco de que me poñas dous velas negras vou a contestarche ao comentario. Primeiro, a pedra do peirao non vén da canteira de Lousame, senón da de Noia, propiedade da empresa Prebetong, e a empresa que fai os transportes e os movementos de material, así como a colocación, é unha empresa de Lugo; agora, xa estarás content@ de que todos os que están na obra non teñen nada que ver con ningunha empresa do Son. Así somos, que pena...
En canto á túa quiniela de 9 acertantes, recoméndoche que xogues á lotaría porque acertar nove candidatos sen coñecelos ten moito mérito!!.
Non, mérito non, chámase investigación. Colle a lista de seleccionados dos anos 2011, 2012, 2013 e 2014 e anota os nomes. Mira a lista do 2015 e....BINGO!!!!
O que me parece terrible de todo esto é que non todo o mundo teña as mesmas posibilidades para optar a un traballo no noso Concello, é moi triste que teñas que ter padriño para poder entrar nestes postos e poder sacar a túa familia adiante en vez de que miren as necesidades e as cargas de cada persoa. Porque xa me dirás ti si unha persoa que acabou de traballar fai un mes e non ten cargas familiares ou unha que viva con persoas maiores que cobran pensións teñen mais necesidades que outras que levan no paro 1, 2 ou 3 anos con cargas familiares ou situacións de verdadeira necesidade e necesitan moitísimo un traballo. Pero por desgracia neste concello se non tes quen che enchufe non tes nada que facer...eu fáloche co corazón na man, non pretendo criticar ó consistorio só pretendo que abran os ollos e que se vexa a realidade do que estamos vivindo, que non sexan tan frívolos e axuden á xente que realmente o necesita, non conseguir as cousas por ser amigo de...que se acaben estes favoritismos e estas historias que xa estamos fartos. A miña forma de pensar é esta: que poñan un exame, sí, pero cas cousas que teñen que ver cas plaias, cos residuos que podes atopar nelas e saber qué facer con eles ¿Por qué tes que saber as rúas de Porto do Son? ¿Acaso vas a ser carteiro?¿ De que che sirve saber onde esta a capela de Ribasieira para recoller lixo na plaia? E despois, en canto á entrevista curricular: Traballos que tiveches, o tempo que levas no paro e as cargas familiares para poder ver as necesidades que cada persoa, no caso de capataz as dotes de liderazgo e saber como solucionar contratempos ¿non? e de ahí tomar as decisións. Non facer como fixeron 2 preguntas mais do exame que xa algúns non tiñan nin por qué sabelas porque era a porta pechada ¿Tan difícil é? Pois eu coido que non. Eu solo digo que si estes exames se fixeran limpamente mais da metade dos que están seleccionados non estarían ahí. E por suposto non poñer as listas dun día para outro sin que practicamente ninguén se entere de cando son os exames.
¿Podes facilitar os enlaces para saber quenes foron os seleccionados de 2011 a 2014?
Uhm...será cousa de bruxería pero dende que publiquei o das listas desapareceron da web, tódolos enlaces da Acta do tribunal de peóns e capateces de plaia che levan á do 2015....quizáis non son tan meiga....
Publicar un comentario