01 febrero 2016

Aberto o prazo para paliar os gastos dos primeiros anos de crianza dun neno/a

O orzamento inicial da orde increméntase en máis do 65% neste exercicio, ata os 3 millóns de euros, fronte aos 1,8 millóns consignados en 2015

A prestación contempla un pagamento único por cada fillo ou filla menor de tres anos: 360 euros polo primeiro/a; 1.200 polo segundo/a; e 2.400 polo terceiro/a

Os destinatarios son aquelas persoas que non estiveran obrigadas a presentar a declaración do IRPF, nin o fixeran voluntariamente

O prazo para achegar as solicitudes estará aberto dende hoxe xoves ata o 7 de marzo, ambos incluídos. Isto é, por un período de 40 días naturais dende o día seguinte da publicación da orde no DOG

Toda información pinchando aquí

0 comentarios: