09 junio 2015

Ánxela Franco tomará posesión como concelleira do BNG-Asembleas Abertas

Máis información: http://bng.gal/portodoson/ - (8/xuño/2015)

Reconsidera a súa decisión diante do acordo da asemblea local de Porto do Son de non aceptar a súa renuncia

O responsábel local do BNG de Porto do Son, Santiago Suárez, manifestou que "Ánxela Franco tomará posesión como concelleira do BNG-Asembleas Abertas, logo que a asemblea de Porto do Son, realizada o pasado xoves, rexeitase aceptar a súa renuncia".

Ánxela Franco puxera a súa acta de concelleira a disposición da asemblea, mais esta, segundo informou o responsábel local do BNG, "por razóns organizativas e do traballo político na institución local considerou oportuno a súa continuidade polo apoio recibido por preto dos 900 veciños e veciñas do noso concello".

Santiago Suárez, responsábel local do BNG, declarou, por outra parte, que "Xoán Xosé León tomará posesión como concelleiro en substitución de Xosé Manuel Alonso, actual concelleiro, que non recollerá a súa acta por problemas persoais de última hora que lle van impedir realizar a súa actividade política coa normalidade que precisa este cargo".

Santiago Suárez, dixo finalmente que "a asemblea local do BNG de Porto do Son tomou boa nota dos resultados das pasadas eleccións e é consciente da necesidade da súa renovación. Non é o momento de tomar decisións que poidan dificultar o noso labor no concello nos vindeiros catro anos. A asemblea agradece o apoio ás 888 persoas que confiaron e deron o seu voto á nosa candidatura e noso compromiso con elas vai ser o traballo desde o primeiro día".

10 comentarios:

Anónimo dijo...

¿Tiene conocimiento la asamblea local del BNG, que su responsable se quedó con el móvil de la comunidad de montes?
Santiago Suárez, dixo finalmente que "a asemblea local do BNG de Porto do Son tomou boa nota dos resultados das pasadas eleccións e é consciente da necesidade da súa renovación. Non é o momento de tomar decisións que poidan dificultar o noso labor no concello nos vindeiros catro anos. A asemblea agradece o apoio ás 888 persoas que confiaron e deron o seu voto á nosa candidatura e noso compromiso con elas vai ser o traballo desde o primeiro día".
Ahora si que los vecinos empezamos a tomar nota de quien es este señorito. Lamentablemente tardamos 10 años en darnos cuenta.

Anónimo dijo...

¿Dez anos? Coma político que é debeu pensar que se no PP, por levar tantos anos ó fronte dunha institución, vexase no seu día Cacharro Pardo e clan Baltar, en Galicia é outros por España tiñan e teñen dereito a certas debidas ¿¿porqué el non as podía ter igual? De outra forma non se entende como os veciños o aturaron tanto tempo.

Anónimo dijo...

Como vos gusta aos fachas querer poñernos á vosa altura. A túa credibilidade como anónimo é 0 patateiro.

Anónimo dijo...

Cando vos quedades sen argumentos recorredes ao de sempre, ao insulto.

Anónimo dijo...

Caray con la upegalla, como defiende a los de su secta. No vale la pena poner más que buen repaso le dieron por defender lo indefendible. https://www.facebook.com/anxela.francopouso/posts/998287846885369

Anónimo dijo...

ti crees'neniño''
o mellor cego e quen non quer ver

Anónimo dijo...

Donde parece que no quiere ver el Bloque es es Rianxo. Van tener que mandar los de aquí a su "Farruco" porque en el Son bien que veía antes de las elecciones los desastres de los parques. Ahora Ánxela solo ve como su cuenta crece como nunca soñó, porque algún parque sigue en pésimas condiciones y solo nos movemos los vecinos por ellos.
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/barbanza/rianxo/2015/12/04/cal-arena-espacios-juego-criosla-carauna-cruzotro-ejemplo-deterioro/0003_201512B4C2992.htm

Anónimo dijo...

El comentario no tiene que ver con la noticia, pero es de interés para el afectado. Unos chicos reventaron con una especie de tirachinas el cristal de un coche en marcha y escaparon. Pudo pasar algo grave. La madre del chico vive en la calle de la Rueda, en Porto do Son

Anónimo dijo...

E o comentario que pretende? que o rapaz confese? os rapaces len este blog?

Anónimo dijo...

Vaya por Dios, ahora la oposición en Porto do Son la hace un troll y la diputada da validez al bulo https://www.facebook.com/anxela.francopouso/posts/1729821957065284