Mostrando entradas con la etiqueta Taller de teatro. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Taller de teatro. Mostrar todas las entradas

13 septiembre 2016

Taller de teatro

08 noviembre 2013

Taller de teatro infantil

No taller de teatro infantil a educación artística actúa como un instrumento pedagóxico que estimula o desenvolvemento integral das persoas, pois potencia as capacidades relacionadas ca expresión creadorae ca acción solidaria fronte ao seu entorno.

De maneira específica, a expresión drámatica mellora as relacións interpersoais, xa que ao mellorar as habilidades xestuais, orais e corporais dos participantes e favorecendo a desinhibición, posibilita unha efectiva comunicación e propicia unha adaptación no seu medio; dándolle, así mesmo, maiores posibilidades de liderazgo.

O Teatro, que caracterízase sobre todo por ser un diálogo constante, supón un reto, un estímulo, unha transformación e aplausos. É unha actividade lúdica que esperta sitios no noso cerebro e suma potenciais.

Como resumo do anteriormente citado, cabe dicir que o teatro amplía a experiencia dos nenos e nenas. Os feitos que ocorren no escenario serán motivo de novos xogos, de nacimento de soños, da posibilidade de resolver situacións e comprender as dificultades que lle irán acontecendo ao longo da vida.

Por outra banda, nesta actividade os nenos e nenas asistentes idearan diversas situacións a partir das cales poderán desempeñar diferentes roles, desenvolvendo a súa personalidade, canalizando emocións, sentimentos e necesidades, explorando e xogando.