10 abril 2015

Virxen dos Milagros, San Pedro de Baroña 2015


Sábado 11 abril, en Abuin
22:00h verbena, Dúo Cibeles

Domingo 12
Misa ás 9h, 10h, 11, 12 e 19h.
13:00h misa cantada con procesión, acompaña Banda de Música de Caamaño. Ao remate actuación do grupo de Gaitas e danza Chorimas.
22:00h verbena en Abuin, Trio Fuego de Vigo.

13 comentarios:

Anónimo dijo...

Unha mágoa k Baroña non poida ter festas coma antaño, non sei que pasa nunha parroquia tan extraordinaria coma esa que sempre foi punteira en traer orquestras e facer boas verbenas, pero weno haberalle k pasar polo 85 tomar uns cubalibres pra honrar a Virxe, algo e algo!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

Anónimo dijo...

Notase que escribes de oído. As únicas festas ás que traian algunha orquestra punteira era na Arnela. Si, celebraba moitas pero con orquestras do montón, porque a xente era remisa a dar, pero deslinguada para criticar.

Anónimo dijo...

Agora k falades de festas lembro fai uns anos onde hoxe ten a casa Ovidio que tocara a orquestra "El Combo Dominicano", montarasé unha boa festa en Abuin fora dos primeiros sitios que a trouxerán por aqui, agora é unha das millores!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

Anónimo dijo...
Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.
Anónimo dijo...
Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.
Fonforrón dijo...

Por favor respecten un poco. ¿3 y 4 acaso un alcalde y no hablamos solo del nuestro, no puede acudir a entierros de conocidos y vecinos, o participar en las fiestas de las parroquias que administra? ¿Creéis que en política se puede enlamar todo, por no escribir otra frase más malsonante y asquerosa? El resto de su bazofia de comentario no merece ni ser mencionado y los que lo hayan leído ya saben a que nos referimos.
Un último favor, no nos obliguen de nuevo a tener que moderar sus comentarios.

Anónimo dijo...

o que é triste é que os políticos acudan de ofrma hipócrita a certos actos solo para deixarse ver, iso si que é noxento

Anónimo dijo...

3, 4, 6, segundo a túa lóxica os/as políticos/as non poden acudir a certos actos, porque son h... e dan n... ¿Iso que vai solo polos que están no goberno? Pregúntoo porque é a primeira vez que leo tal crítica e polo que deixa entrever o administrador nun principio solo se menciona ó alcalde. ¿É á oposición como a catalogas porque recentemente puidemos ver unha ampla representación nun enterro? ¿Tamén son h... e déronche n...?
Descansa e tomate unha tila ou un valium.

Anónimo dijo...

Era o que faltaba que unha persoa por ser alcalde non puiderá ir a un enterro, misa, procesión etc.......pero en que século vivimos??? o de algúns e de dictadura total!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!! agardo que esas verbas eliminadas non veñan de ningún integrante dalgún partido da oposición sinón indo así levadelo claro meus...

Anónimo dijo...

Está claro que eses comentarios non saen de xente "anónima", se non de "partidistas", que pensan que con estas críticas poden rascar algún voto.

Anónimo dijo...

como veciño pode ir a onde lle pete, se como alcalde vai aos sitios a figurar, iso xa é outro tema
e non son de partido ningún, comento o que me parece, nada máis, a quen non lle guste, pode opinar o contrario, faltaría máis que todos tivesemos que estar dacordo

Anónimo dijo...

E en que posición deixas á oposición, ¿pensas que tamén vai a deixarse ver? Porque iso é o último polo que se tenta desprestixiar a Luis, ti entre eles. Claro que se ao mellor non o visen, por exemplo en Portosín atacaríano por aí. Por esa regra de tres, ¿a oposición tamén vai aos enterros, festas e procesións para deixarse ver?.
Lembro cando fai anos faleceu un edil do PP, ver no seu enterro á xente do BNG, e non escoitei ningún tipo de crítica, nin ese día, nin cando foi do seu cabodano. Por afinidade política seguramente non foron, pero estou seguro que acudiron por ser veciño e seguramente amigos. Segundo a túa versión, nesa ocasión, os susoditos foron para deixarse ver e seguramente o viste noxento. Como di un dito: onde non hai, non hai nada que sacar.

Anónimo dijo...

non son do PP nin por asomo .... nin xamais o votei pero hay actos q o alcalde ten que estar presente e pode parecer que sexa pa facer campaña pero non é así o concello hay en actos que ten q ter representación política sexa por tradicción ou polo que sexa ,pero espero que nadie nin do goberno nin da oposición queira ganar votos indo a enterros ... porque eso si que é caer moi baixo ...