25 abril 2015

Radio Obradoiro - Entrevista Luis Oujo

Esta lexislatura foi moi positiva para os intereses dos veciños de Porto do Son

O actual alcalde e candidato do PP fixo balance en Radio Obradoiro do seu mandato
Do que máis orgulloso se sinte é da construcción da escola infantil, e o que máis lamenta é que non fora posible sacar a diante o tanatorio.

Radio Obradoiro. Entrevista. Luis Oujo, alcalde de Porto do Son

O actual alcalde de Porto do Son, e candidato do PP nas eleccións do 24 de maio, fixo balance este venres en Radio Obradoiro desta lexislatura. Un mandato, segundo Luis Oujo, "moi positivo para os intereses dos veciños". Sinalou que o proxecto do que se sinte máis orgulloso é "da escola infantil que será unha realidade en setembro e que xa ten cubertas as 41 prazas dispoñibles". Tamén está satisfeito do que se avanzou no saneamento das parroquias. No outro lado da balanza destacou o feito de que "non fora posible sacar adiante o tanatorio". Dende o punto de vista económico, Oujo sinalou que cando chegou á alcaldía "debiamos 5,8 millóns de euros e había 1,4 millóns de débeda ós proveedores. Agora a débeda queda en 2,5 millóns". De gañar os comicios, "seguiremos apostando polo emprego e polos servizos sociais".


0 comentarios: