18 marzo 2015

Demandas veciñais de Nebra

Queremos darlles facilidades ao resto dos nosos veciños para facerlle entrega das demandas e necesidades da nosa parroquia ao alcalde na reunión no local da Comunidade deste xoves.

Se es un veciño que non está por aquí ou por algún motivo non poidas asistir, mesmo se só es un visitantes da parroquia, non deixes de informar da necesidade, mellora ou reparación dalgún servizo. Deixamos o formulario na ligazón: http://denebrason.eu/ (ou prema na imaxe para abrir a páxina).


Un saúdo.
Familia do Martelo

6 comentarios:

Anónimo dijo...

Parece mentiras que o tanto que se implica o Martelo en que Nebra sexa un referente e o maltrato que sufre por parte do señor presidente da Comunidade. Parabéns a Paco e fillo pola iniciativa, agardo que a xente respondese e que o presidente non vaia poñer trabas á reunión (como veñen facendo noutras reunións parroquiais, por moito que se agochen sempre teñen información de primeira man, casualidade?

Anónimo dijo...

A ver cando poñen o seguinte panfleto de mentiras logo da reunión do Son, ou non se atreveran? Saíron escaldados coas mentiras do de Nebra, acostumados como estaban a chuparse a po*** entre eles cos anteriores Nordés e no de Nebra chegaron aos 30 comentarios quedando en evidencia e denigrando a dous veciños por non crer as mentiras. Que veña xente nova ao Bloque e quite á casta esta.

Anónimo dijo...

Solo con saber a quen enviaron, que como di un deses veciños no blog sobre o monte de Nebra, "TRAGA" con todo, incluso asumindo a presunta falsificación de actas, xa está todo dito.
E logo sae o sogro que non estivo presente, chegando a rebatelos con un dixéronme...
Xa somos moitos os que pedimos unha renovación, pero seria non con cabezas de turco como fixeron no PSOE, e agardo que Hermo non caia nese erro.

Anónimo dijo...

Non Bloque van vos de criticar a ó bipartito (Asunción tamén estaba no medio) de secuestralos plenos, poñelos cada 2 meses, cando o prazo legal podía ser cada 3, e poñelos unha hora intempestiva para que non acudísemos os veciños. Esa acusación saíulles pola culata cando enchemos o salón onde se ía debater o saneamento de Nebra, Noal e Beneso, motivo polo cal fuxiron.

A súa xente si que ten secuestrada a comunidade de montes, e por iso, seguramente a señora Bárbara veu pantasmas onde non os había, porque resulta chocante que facendo este tipo de reunións en TÓDALAS PARROQUIAS DO CONCELLO, o acusen solo de dar un mitin e pedilo voto, onde o PP, arrasa e o Bloque non levanta cabeza por moito que o seu presidente disque presuma de que o local fíxose gracias a el. Algo moi típico nos políticos con tanta soberbia... as obras fanse cos nosos impostos e en Nebra, supoño que o fixeron coa madeira que venden, que para iso é a comunidade máis grande. ¿Ou puxo el os cartos?

Anónimo dijo...

Gracias Ánxela, Pastor e Asunción por nada. Se por vos fora en varias aldeas non se faría nada. Por sorte e a pesar do voso "bloqueo", este bigoberno xa comezou coa instalación do saneamento na nosa, Resúa.
E a Bárbara diríalle que cumpra co seu cometido para o que se presentou voluntariamente e que deixe de mentir con iso de que en Nebra, nestes catro anos non se fixo nada. Aínda que a actuación principal que se fixo non se ve, como foi levar o saneamento a unhas cantas aldeas, entre elas á súa, e á de seus pais. Podía seguir, pero non vale a pena, porque de todo isto ten pleno coñecemento ó gozar de moi voa vista.

Anónimo dijo...

Traballando no saneamento de Resua, o que de verdade importa. https://www.facebook.com/lois.oujo/posts/1561239117496984