26 marzo 2015

Semana Santa 2015



27 marzo - Virxe das Dores
20:00h Misa na honra da Virxe e na memoria dos confrades falecidos
20:30h Procesión: Virxe da Dores, acompañan os tambores da Cofradía de la Pasión de Nuestro Señor (percorrido: Igrexa, Avda. Galicia, Trincherpe e Praza de España).

29 marzo - Domingo de Ramos
11:15h Procesión: Entrada en Xerusalén, acompañan os tambores da Cofradía de la Pasión de Nuestro Señor (percorrido: Praza de España, Trincherpe, Avda. Galicia, Igrexa).
12:00h Misa

31 marzo - Martes Santo
22:00h Procesión: Vía Crucis, acompañan os tambores da Cofradía de la Pasión de Nuestro Señor (percorrido: Capela Atalaia, Rúa da Roda, Tvsía. Moullón, Praza de Rosalía, Fernando Fariña, Praza de España, Camiño Novo, Campo Atalaia e Capela).

2 abril - Xoves Santo
18:00h Misa
18:30h Procesión: Ecce-Homo, acompaña Banda de Santiago (percorrido: Igrexa, Rúa Castelao, Praza Nova, Praza de España, Fernando Fariña, Praza de Rosalía, Tvsía. Moullón, Rúa da Roda e subida á Capela da Atalaia).
23:00h Celebración da Hora Santa.

3 abril - Venres Santo
11:00h Procesión: Santo Encontro, esceneficicación na Praza de España (en caso de chuvia farase na Igrexa Parroquial). Predica o sacerdote D. Joaquín Rial. Acompañan os tambores da Cofradía de la Pasión de Nuestro Señor (percorrido: Praza de España, Fernando Fariña, Praza de Rosalía, Tvsía. Moullón, Rúa da Roda e subida á Capela da Atalaia).
18:00h Liturxia e desencravo.
18:30h Procesión: Santo Enterro, acompaña Banda de Brión (percorrido: Igrexa, Avda. Galicia, Rúa da Roda e subida á Capela da Atalaia).
23:00h Procesión: Virxe da Soidade, acompaña Banda de Brión e tambores da Cofradía de la Pasión de Nuestro Señor (percorrido: Capela da Atalaia, Rúa Atalaia, Camiño Novo, Praza de España, farase o salve á Virxe da Dolorosa, sigue por Trincherpe, Avda. Galicia, e Igrexa).

4 abril - Sábado Santo
20:00h Vixilia Pascual

5 abril - Domingo de Resurrección
11:00h Procesión: Xesús Glorioso, acompaña Banda de Caldas de Reis (percorrido: Capela da Atalaia, Camiño Novo, Praza de España, farase o Encontro de Resurrección, Rúa Trincherpe, Avda. Galicia e Igrexa).

http://cofradiapasionportodoson.blogspot.com/
Para os cultos a celebrar en cada parroquia, revisen o programa de man:
PDF: Folleto de man 2015.pdf

6 comentarios:

Anónimo dijo...

A algunos envalentonados por los políticos, especialmente el BNG, parece que se les va aguar la Semana Santa por tener el pie muy ligero, claro que siempre es mejor echarle la culpa a los demás.
Circular a más de 50 kilómetros por las esa zona por lo estrecha de esa zona si que es una temeridad.

Anónimo dijo...

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/barbanza/a-pobra-do-caraminal/2015/03/27/trafico-certifica-radar-pobra-reglamentario-da-validez-sanciones/0003_201503B27C3995.htm

Anónimo dijo...

Hoxe entereime de que cando antontes pecharon o Concello era para botarlles unha "bronca" o mandamáis ao persoal de oficinas. Polo visto non queren que vaian en grupiños a tomar "café" e deixen desatendidas as oficinas. Isto é de pena, si levan indo en grupiños toda a lexislatura, e dende hai anos...¿para iso hai que pechar o Concello?. Señoras e Señores do PP ¿non vían estes case catro anos iso?... verdadeiramente isto é patético... Agora queren facen un "lavado" de cara a pouco máis dun mes para as eleccións... Vergonzoso que son sepan marcar unhas reglas antes e permitisen todo o escaqueo. ¿Non ven o tempo que se bota unha funcionaria da Pobra para o "desayuno"?. Imaxino que logo iirá tomar o "café"... Outra, curiosamente tamén da Pobra, "anda" de mesa en mesa, pois ten tanto traballo que se aburre... E Julio, ese xa é un "profisional" en facer grupiños... non leva a todo o persoal a tomar "café" porque cada vez hai máis que xa o coñecen...

Anónimo dijo...

Se miran para un lado malo, se miran para outro peor. Eu non teño constancia de que nos dous anos de Pastor e Ánxela fixeran algo, se non se limitaron a parar o que comezou a facer Tomé. Aí pode estar unha das causas polas que se fraguou a moción de censura.

Anónimo dijo...

Bueno, bueno, que "o que non corre vóa". Tomé foi, políticamente, un "santiño macoco". Si falase o "famoso" Liñares, aquel constuctor ao que lle adxudicataba todo o "habido e por haber", pero ese Liñares está cada dous por tres no "luar". Tomé fixo o que pudo e "algo máis". No urbanismo tivo varias varas de medir. A uin familiar meu denegoulle a licencia de primeira ocupación por non ter os protectores dos canalóns... para que vexades, a outro porque donde iba unha despensa fixo un dormitorio, xa que nese tempo o fillo foise ao paro e tivo que coller na súa casa ao matrimonio con dous fillos...outros podían ter licencia para "cen" e edificar "douscentos", ou para "baixo e un" e darlle "baixo e dous". Porto do Son tivo, e ten, "de todo como en botica", así que non levemos a uns políticos aos altares e a outros aos infernos... ¿é legal o "ghaliñeiro" que levantou no Camiño Novo?...Por favor, deixemonos de ver a palla en ollo alleo e qnon quer ver a vigha no propio...

Anónimo dijo...

Se non tiña maioría, onde estaba a oposición? XA, preparando a moción. Como soubo o da despensa?