:logo-lvg: | Barbanza
Porto do Son celebrou unhas xornadas de arqueoloxía sobre achados na zona
A Casa da Cultura de Porto do Son converteuse o venres nun foro arqueolóxico digno das mellores universidades. O obxecto das xornadas que se desenvolveron foi o de informar sobre as actuacións de consolidación e conservación do castro de Baroña que se veñen realizando dende o 2012 ata agora, así como dar a coñecer as conclusións dun estudio sobre a orixe do sarcófago paleocristián e outros elementos funerarios achados hai unha década en Portosín. Este análise conclúe que o templo de Goiáns podería formar parte dunha vila romana.
En 1993, o historiador Antonio González Millán descubriu na igrexa de San Sadurniño de Portosín un sartego paleocristiá despois dunhas obras de remodelación no chan do templo. Entón comezaron unha serie de investigacións coa finalidade de verificar as hipóteses sobre a súa orixe.
O estudo apóiase nunha continua aparición de restos arqueolóxicos nunha vivenda próxima á edificación e na mención repetida en documentos históricos de distintas datas sobre a existencia dunha basílica prerrománica.
Proximidade cronolóxica
«O feito de que en menos de 50 metros, nos atopemos con tal concentración de restos arqueolóxicos fai que nos preguntemos se non formarían parte de algo maior», sinalou González Millán. Estes descubrimentos, de gran proximidade cronolóxica, consisten nunha columna romana co fuste cristianizado; unha estela funeraria de tipo discoide e unha serie de fragmentos de cerámica que pertenceron á cuberta do tellado.
Antonio González fixo unha análise dunha listaxe de sartegos procedentes de Rávena e Concordia Saxitaria, na rexión de Lombardía. Todos estes mantiñan similitudes nos baixos relevos e as imaxes, que amosaban a mesma alternancia de estruturas arquitectónicas circulares cunha central triangular de tipo friso, co achado en Portosín.
As indagacións de carácter caligráfico sumadas á presenza de trazos paleocristiás nos muros do sector noroeste e as elevacións do terreo circundante apuntan á existencia dun conxunto maior. Ademais, o investigador puido comprobar que a tumba de mármore fora reempregada, o que leva a pensar que se trata dunha importación por parte dun mecenas ao cargo dun latifundio.
«Isto implicaría que nos atopamos fronte a unha especie de vila romana, aínda que non me atrevo a considerala como tal polas dimensións», deixou entrever González, que tan só precisaría dunha sondaxe visual para confirmar esta última suposición.
Castro de Baroña
«Que en menos de 50 metros nos atopemos con tal concentración de restos fai pensar en algo maior»
Antonio González Millán

0 comentarios:
Publicar un comentario