Últimos comentarios

martes, 13 de diciembre de 2016

presentación do libro::Todo o tempo do mundo

Bo día!
Axuntamos cartaz e información relativa á presentación do libro "Todo o tempo do mundo" de David Pérez Iglesias, actualmente director do IES de Porto do Son, e que foi merecedor do prestixioso galardón "Premio Merlín" de literatura infantil, convocado por Edicións Xerais, o pasado mes de xuño.
O acto terá lugar no local da comunidade de Montes de Nebra, ás 19:00 horas, e estará presentado por Jose Angel Vila e Maria de Jude.

Convidámosvos a asistir e a participar no encontro, e agradecemos a difusión que podades facer do acto.
Grazas!

Asociación Cultural SONORA

0 comentarios :