Mostrando entradas con la etiqueta Toño Calo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Toño Calo. Mostrar todas las entradas

15 octubre 2014

Estamos de carallada!?

Carta aberta de Toño Calo, fillo de Francisco Calo, promotor do monólito e impulsor desde fai 15 anos, das homenaxes aos cinco asasinados o 12 de outubro de 1916, na aldea de Cans.

Esta nova é totalmente partidaria e falsa, señores do Bng Porto Do Son e La Voz de Galicia. Edición Barbanza!!

O acto en lembranza dos mortos de Nebra non é cousa do BNG, nunca partiu deles, nunca o levarán ao seu rego (por moito que manipulen á prensa) e nunca lles interesou máis que para apañar votos. Este é un acto dos veciños para os veciños, que quede claro, nunca máis mentiras. Onde ven a súa "estrela" na bandeira galega, tanto na primeira homenaxe como na segunda, cando inauguramos o monólito?

Esta é a indecencia de quen dirixe o Bloque do Son: en xaneiro houbo polémica por un acto do que aseguran non tiveron que ver e responderon con estas verbas "NON organizamos ningún acto polo respecto aos organizadores que, ano tras ano, levan organizando esta homenaxe"...

- Dende o 2007 véñennos faltando ao respecto organizando un acto paralelo sen falar cos nós, os primeiros organizadores, porque, como me dixo a portavoz, "non queremos que nos rouben o acto outros partidos". Polo cal, só levan 7 anos recordándoos, non "máis dunha década".

- No 2008 boicotearon o noso acto traendo, por primeira vez, a estreleira, só porque Manuel Tomé, alcalde ese ano, viña presentar a rexeneración do lugar e a colocación dunha placa para lembranza dos feitos (nos anos que o BNG gobernou non se fixo nada para a aldea de Cans). Ese ano a portavoz alegou "non querer saír máis na foto cos do PP", dende esa poñen o acto paralelo en hora distinta á nosa.

- No 2012 a peor vergoña posible para este acto: carteis, coche e pancartas do BNG polos catro costados. Os falecidos non mereceron tal burla, da que os veciños acaban acusando a meu pai, Paco Do Martelo (sen ser responsable dese acto paralelo).
- Nestes 7 anos (estando ou non no concello), non fixeron nada polo lugar ou polo monólito (que aseguran sen pudor que é "seu"). Aprovéitanse dos nosos arranxos para que o mitin lles quede nun marco exemplar.
E con todo isto, eu podo afirmar que asistín ano si e ano tamén ao seu acto (só faltei dous anos, por incompatibilidade), porque por riba de todo asistía a unha ofrenda que lle fan ás vítimas (ao mitin que facían é mellor non facerlle caso). Pero ninguén dos que forma o BNG (nin familiares dos mesmos), tiveron o detalle de asistir aos nosos actos, a pesar de seren convidados. E fáltanme ao respecto facendo acusacións falsas e sen fundamento en anos anteriores. E aprópianse (non sei se a redactora ou quen lle dou o ditado), do texto que empreguei para os convites á prensa, asociacións e partidos políticos; para publicar esta mentira e acabar mencionándonos brevemente como "organizadores dun acto paralelo".

Dar as grazas ao Xornal Dixital Muros E Noia e El Correo Gallego, por preguntar as cousas e informar correctamente, sen manipulacións. E aos redactores de La Voz de Galicia, revisen a súa hemeroteca, que aí teñen toda a verdade, coa súa propia letra.

23:07 (hace 11 horas)