Mostrando entradas con la etiqueta Mago Granpedrini. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Mago Granpedrini. Mostrar todas las entradas

13 diciembre 2012

Os cativos serán os grandes protagonistas da programación de Nadal de Porto do Son

:logo-lvg: | Barbanza

Achégase o Nadal, e con el, unha boa morea de actividades que teñen como principal obxectivo entreter aos máis cativos no seu tempo de lecer. Ese é un dos obxectivos da programación cultural sonense para as próximas semanas, nas que a música, a cultura e o teatro serán os grandes protagonistas.

A concelleira de Cultura, Asunción Torres; o edil de Deportes, Manuel Deán, e representantes de diversos colectivos que participan na organización dos actos deron a coñecer a programación esta mañá. Entre as múltiples actividades previstas, destaca unha festa da lectura que terá lugar o día 17, ou a presenza dun tren navideño que percorrerá as rúas de Porto do Son e Portosín os días 23, 24, 30 e 31. Papá Noel non se esquecerá de visitar aos cativos sonense na véspera de Noiteboa, o mago Granpedrini ofrecerá un espectáculo o 29 e o 31 haberá unha gran festa de fin de ano.