Mostrando entradas con la etiqueta Concellería de Obras. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Concellería de Obras. Mostrar todas las entradas

31 mayo 2013

Tanatorio Municipal

O concello presentou esta semana o proxecto de execución do TANATORIO MUNICIPAL de Porto do Son aos veciños.

Un proxecto de execución que se está apunto de rematar e que supón polo tanto o primeiro paso para poñer en marcha o tanatorio.

A intención do grupo de goberno local é que a obra en si sexa custeada pola empresa que acabe sendo a concesionaria do servizo. Trátase polo tanto de facer un procedemento aberto no que se levará a cabo un contrato de concesión de obra pública.

A día de hoxe o presuposto de execución por contrata do edificio ascende a 646.593,04€ e da urbanización a 140.062,64€. E tamén a día de hoxe existen varias empresas interesadas en participar no procedemento aberto de contratación para levar a cabo o tanatorio.

Ademais de todo isto, compre destacar que se herdou un proxecto básico deficiente que se está a mellorar co proxecto de execución, habilitando por exemplo unha sala para as incineracións, unha capela, e modificando a distribución interior para un mellor funcionamento.