20 mayo 2016

ENCONTROS TABERNARIOS: Anxo Baranga "Viaxe a Galiza"


MONÓLOGO-CABARÉ "Viaxe a Galiza" de ANXO BARANGA, no BAR TAITA de Porto do Son

A Asociación Cultural Sonora de Porto do Son prosegue co ciclo de ENCONTROS TABERNARIOS, que pretende achegar a súa programación a bares, tabernas e restaurantes da vila.

O encontro deste mes ha ter lugar no Restaurante Bar TAITA (Av de Galicia, 46, de Porto do Son) o próximo sábado 21 de maio, ás 23:00 horas.

Anxo Baranga nace en Córgomo, Vilamartín, Ourense, no ano 1956. Desde o ano 1979 reside en Barcelona. Está diplomado pola Escola Massana de Barcelona e Llotja (Escola Oficial d’Arts Aplicades i Oficis Artístics de Barcelona).

Anxo Baranga é pintor, debuxante de cómics, director e actor de teatro. É cofundador de varios grupos teatrais. Participa tamén na creación de "fanzines": Microbius (1979) e Canalla (1993). Publica varios libros en colaboración con J. A. M.: Un pequeno favor e outras historias de humor perverso, O ollo pecho e outras historias desagradables, Martín Coutinho en busca de sol, Contos pra críos, etc. Colabora en varias publicacións: A Nosa Terra, Escrita, Alborada, Treboada... Ten traballado en varias curtametraxes, como a premiada O DENTE NEGRO (2010), e nos últimos tempos DESENVOLVE UNHA FRENÉTICA ACTIVIDADE audiovisual a través de videos-performances que difunde a través das redes sociais.

No seu espectáculo “Viaxe a Galiza” Anxo relatará en clave de humor, as desventuras da súa viaxe, os fascinantes encontros que lle proporcionou, e as inquedanzas dun hun home vital e creativo coma el.


SONORA ASOCIACIÓN CULTURAL

0 comentarios: