23 abril 2015

Novas convocatorias de La Ida

A Fundación Paideia Galiza informa das novas convocatorias de La Ida:
---- ------ ------ ----XUÑO 2015:
Mobilidade: xuño e xullo 2015 (1 mes); Destino: Alemaña; Prazas ofertadas: 10-12 participantes.

Requisitos: Idade comprendida entre os 18 e os 30 anos en situación de desemprego, sen formación, PCPI, ESO, BACHARELATO; Formación Profesional e residentes na Provincia da Coruña. A data límite para inscribirse é o 26 de abril 2015.

----- ------ ------ ----- SETEMBRO 2015:
Mobilidade: Setembro e Novembro (2 meses); Destino: Italia; Prazas ofertadas: 10-12 participantes. Requisitos: Idade comprendida entre os 18 e os 24 anos en situación de desemprego, sen formación, PCPI, ESO, BACHARELATO; Formación Profesional. 3 meses fora de circuítos formativos ou educativos.

La IdA é un proxecto dirixido a mellorar a integración profesional dos rapaces a través do intercambio e a mobilidade.

Ten unha duración habitual de 1 a 3 meses, non ten custo económico e permite a realización de prácticas formativas, curso de idiomas e actividades culturais e deportivas noutro país da Unión Europea. A mobilidade realízase en grupo formado por 8-12 participantes. Un mediador transnacional acompaña ao grupo e un titor de contacto hispano falante asesora ao grupo durante toda a estancia no país de acollida.

Máis información no 981-817.000 e no 981-223.927

Os novos SEMINARIOS INFORMATIVOS sobre XUVENTUDE E MOBILIDADE terán lugar:

Martes 28 / abril – 16h30 | Sede Fundación Paideia. Padrón

Mércores 29 / abril – 12h30 | Sede Fundación Paideia. A Coruña

RECORDAMOS QUE A ASISTENCIA AO MESMO É OBRIGATORIA SI DESEXAS QUE A FUNDACIÓN PAIDEIA SEXA A TÚA ORGANIZACIÓN DE ENVÍO.

1 comentarios:

Pepe dijo...

Bos días, gustaríame saber cando foi a última Semana Santa na que actuou a Banda de Música de Caamaño?